BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
Plenario fará a louvanza do novo académico e este pronunciará unha lección maxistral. A sesión rematará coa entrega da medalla e diploma correspondentes. Artigo 18 A antigüidade dos académicos de número contarase desde o solemne acto da súa recepción. Artigo 19 Nun mesmo día non poderá ser recibido máis que un académico electo. Artigo 20 Cando estean pendentes de recepción dous ou máis académicos electos, terá prelación o elixido na data máis antiga, pero só durante os seis primeiros meses de que fala o artigo 15 deste Regulamento. Transcorrido este prazo, recibirase primeiramente o que antes presentase o seu discurso. Artigo 21 Para que poida ter efecto o prescrito no artigo 15 deste Regulamento, o académico electo responderá con notificación de recepción aceptando o nomeamento. A data da comunicación da Academia marca o inicio do prazo para presentalo discurso de recepción que o electo deberá ler ó tomar posesión do seu cargo. Se a pesar do dito no art. 9 transcorresen dous meses sen recibila aceptación do electo, terase por non aceptado o nomeamento e anunciarase de novo a vacante. Artigo 22 Presentado o discurso polo académico electo, a Corporación procederá, na primeira Xunta xeral ordinaria que celebre, ó nomeamento dunha comisión de tres individuos de número para que, no prazo de 15 días, examine o discurso e emita o correspondente dictame. Se o dictame é positivo, a Academia, de acordo co socio electo, designará o académico que deba responderlle en nome da Corporación. O presidente concederalle a este o tempo que prudentemente se xulgue preciso para que poida verificarse a sesión no prazo máis curto e non prexudique os dereitos do académico electo. Artigo 23 A Academia publicará os discursos de ingreso e entregará un exemplar ás persoas asistentes ó acto de recepción.
CAPÍTULO IV Elección dos cargos académicos Artigo 24 Consonte o art. 24 dos Estatutos, tódolos cargos serán elixidos en votación secreta polo Plenario para un período de catro anos. Ningún académico poderá permanecer no
Nº 362
350