24.06.06
feito de que a escolla de Tui para a celebración dos Xogos Florais foi polo seu carácter de cidade fronteiriza, ?ollando a Portugal?. A continuación houbo, por parte dos académicos Víctor Freixanes, Manuel González, Ramón Lorenzo, Neira Vilas, Antón Santamarina, Darío Xohán Cabana, Salvador García Bodaño e Rosario Álvarez, unha lectura de fragmentos significativos dos discursos pronunciados polos membros do Consistorio dos Xogos Florais de 1891. Pechou o acto a intervención de Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia que enmarcou a xornada celebratoria dos Xogos Florais como un proceso necesario de recuperación histórica. A banda de Música Municipal interpretou, no medio dun respectuoso silencio, o himno galego. O 24 de xuño de 1891 achegáronse a Tui aqueles que tiñan fe na patria, pero quizais pouca esperanza. Viñan de todos os recantos de Galicia e tamén do Bierzo e do veciño Portugal, porque as fronteiras administrativas non poden romper os vínculos de sangue. En Tui sentiron a calor da súa xente, a fraternidade, porque na cidade tudense ninguén foi alleo naquelas xornadas de patriotismo. E escoitaron de Murguía, de Brañas e de Lago a profunda voz da terra que lles falaba de redención e lles dicía que os pobos nunca morren se teñen a bandeira dun idioma. Surge et ambula, érguete e camiña, foi a consigna de Murguía. E cando retornaron aos seus fogares, levaban con eles non só unha fe, tamén unha esperanza. Presidente da Academia Galega
205
Nº 368