Tui
asistente dirixíronse ao Palco da Música do Paseo da Corredoira, cos maceiros do Concello e a Banda Municipal de Tui abrindo a comitiva. O discurso do académico e profesor D. Xesús Alonso Montero no Palco foi para loar os discursos de Murguía e Brañas de 1891 que deixaron abraiados, segundo as crónicas da época, a todos os presentes. Rematou a súa intervención Alonso Montero dedicando unha emotiva lembranza a Darío Alvarez Blázquez e a seu pai, tamén doutor, Darío Álvarez Limeses, fusilado o 30 de outubro de 1936. No remate das palabras de Alonso Montero o gaiteiro Xosé Ferreirós, do grupo Milladoiro, interpretou a ?Alborada de Rosalía de Castro?, no medio dun silencio emocionado. Na Porta da Pía, antiga porta de entrada á cidade, o alcalde de Tui, Fernández Rocha, debuxou a imaxe da cidade como ?lugar de cultura onde a historia está escrita en pedra?. Cando rematou a súa intervención, o neno gaiteiro, Xalo, chegado da Coruña, interpretou a ?Muiñeira dos Campaneiros?. Foi o académico Andrés Torres Queiruga o encargado de facer a loanza do galeguista e arcebispo Lago González, membro da Xunta Rexionalista de Tui. En palabras do escritor e teólogo, Lago ?foi como un meteoro luminoso no ceo de Galicia? que ademais, loitou por unha Galicia esperanzada e aberta. Aquí, diante da catedral (praza de San Fernando) puxo o colofón musical o gaiteiro Bieito Romero, de Luar na Lubre, interpretando unha muiñeira tradicional. Diante do histórico Teatro Principal (praza de Frómista) tivo lugar a alocución do académico Xosé Luís Méndez Ferrín quen, entre outras cousas, se referiu a Murguía e á súa idea de Galicia como nación independente, acompañada da liberdade e da unidade histórica galegoportuguesa. Salientou o
Nº 368
204