24.06.06
día 23 de xuño unha serie de rechamantes colgaduras azuis ?da cor do ceo e da bandeira de Galicia? saudaron os tudenses dende o Teatro Municipal e dende a praza de Frómista onde se sitúa o vello Teatro Principal, que albergou o acto central de 1891. Anunciaban os actos conmemorativos dos Xogos Florais de 1891 que se ían celebrar ao día seguinte, o 24 de xuño de 2006, xustamente cento quince anos despois daquela data histórica. O día apareceu soleado e con ceo transparente para recibir a numerosos veciños e xentes que viaxaron de distintos lugares do país. No Teatro Principal (rúa de Colón, 2), ás doce da mañá tivo lugar a recepción á Academia Galega por parte da Corporación Municipal de Tui. No centro do escenario un pendón de 7 x 1,50 m reproducía a medalla acuñada en 1891 para a ocasión co lema Surge et Ambula (erguédevos e camiñade). O alcalde de Tui, D. Antonio F. Fernández Rocha, deu a benvida ao presidente e aos membros da Real Academia Galega facendo alusión a algúns dos tudenses ilustres que interviñeron no acto histórico de 1891. Pola súa parte D. Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG, referiuse ao birrete do arcebispo Lago González e á chisteira de Murguía, expostas sobre dun terciopelo negro, como ?testemuñas silenciosas? daqueles feitos e persoeiros; a continuación mostrou o seu desexo e o da institución para que se cumprise a utopía e os políticos fixesen realidade as aspiracións sociais do pobo e que estas se traducisen no texto do Estatuto de Galicia. Despois desta benvida, corporación Municipal e membros da Academia, acompañados polo público
O
203
Nº 368