BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Inauguración do Museo do Pobo Galego por Pío Cabanillas, ministro de Cultura, e Xaquín Lorenzo. Detrás de don Xaquín, Antonio Fraguas e XoséMaría Álvarez Blázquez
Sempre houbo na Nosa Terra bos etnógrafos. Enteiros equipos de severo método, e xa miramos dibuxárese nun non lonxano futuro o fermoso museo. E un nome, hoxe, nestora, un soio, alenta no noso esprito, como o esprito rector, como mestre de capela da sinfonía fermosa e simbólica do ser da Galiza nas artes populares, na súa resposta úneca ó seu horizonte xeográfico e caraitereolóxico, un nome de amigo e irmán nos degoiros fondos. Non o quixeramos estampar por non trubar a súa estudosa soedade, mais a pluma escribeu por si o nome do maior etnógrafo da Penínsoa: D. Joaquín Lorenzo Fernández, o agardado por todos os leentes, o querido Xocas.3
Grave compromiso esta nominación expresa feita polo representante e depositario das esencias culturais da Terra. Investidura que don Xaquín acolle coa súa humildade característica, facendo constar en acta que se acepta e asume o cargo, é por vontade directa de don Ramón. Forman parte da aclamada candidatura, como vicepresidentes, Antonio Fraguas, Xesús Taboada Chivite, Andrés FernándezAlbalat e XoséMaría Álvarez Blázquez. Non espera máis o noso home para promover as primeiras iniciativas. Eis a de crear un premio de etnografía, coa denominación ?Premio Vicente Risco do Museo do Pobo Galego?, que na súa primeira convocatoria había ter como tema o dos hórreos e canastros e que se dotaría con cen mil pesetas, cantidade que no seu día aportará el persoalmente. O Museo do Pobo Galego inaugurarase o 29 de outubro de 1977, coa presenza do entón ministro de Cultura, Pío Cabanillas. Meses antes, Lorenzo escribira:
Nº 365 128