Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O Museo Etnográfico do Seminario de Estudos Galegos, no Salón Artesoado de Fonseca
naria capacidade de observación e de descrición, enriquecida co dominio do debuxo como ferramenta para a transmisión do coñecemento etnográfico. Máis dun cento de artigos de etnografía, arqueoloxía e historia irán aparecendo en publicacións periódicas, en particular na revista Nós, no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos e, fóra de Galicia, no Archivo Español de Arqueología (Madrid), Revista de Dialectología y Tradiciones Populares (Madrid), Trabalhos de Antropologia e Etnologia (Porto) ou Volkstum und Kultur der Romanen (Hamburgo), entre outras. Desde aquel momento, a visión etnográfica de Lorenzo completará, sumándose á dos xeógrafos, arqueólogos e historiadores ligados ao movemento Nós e á xeración do Seminario, a concepción definidora de Galicia como feito identitario. A historia é para eles o alicerce sustentante do edificio cultural e, polo tanto, o nutrinte básico da súa construción etnográfica. Home, Terra e Cultura constitúen facianas inseparables da etnicidade galaica, e as tradicións son o trasunto natural dese vínculo. O Seminario de Estudos Galegos vai lograr, por fin, constituír o arelado museo, que reúne diversas coleccións instaladas no compostelán Colexio de Fonseca. En 1932 Xaquín Lorenzo trasládase a Santiago para proseguir os estudos universitarios que iniciara en 1923 e interrompera por motivos familiares. Daquela intensifica a súa dedicación ás tarefas do Seminario e é nomeado director do novo Museo, pero ao ano seguinte el e mais o seu irmán menor, Xurxo, significados pola súa militancia galeguista, vense
125 Nº 365