BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
COMPAÑEIROS
DA MIÑA XENERACIÓN
MORTOS OU ASESIÑADOS24
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo! Facíamos un feixe de campos e de estrelas,25 e o pisar ise chao que latexaba26 sentíamos subir pola sangue o misterio.27 O noso corpo era o camiño da maxia,28 a escada pola que viña a lúa, o zume de todolos segredos,29 a canzón da herba que resucitóu. E o mismo verme era unha folla leda,30 un mensaxeiro do sagrado alén. Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedéi eiquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto,30 no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura31 unha cesta de pombas e mazás. ¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nos co mundo!32
NOTAS
1 2 3 4 5 6 7 8 9 da iauga: por ?das augas? do texto manuscrito. na mau, a mau: por ?na mão, a mão? do texto manuscrito. dun: por d'un do texto manuscrito. En corrección posterior a lapis, o apóstrofo está tachado. I este meu corazón, ¿o meu corazón ónde por: ?I este meu corazón ¿o meu corazón, ónde?. despois: por ?dimpois? do texto autógrafo. O apóstrofo do ñ engádese en corrección a lapis posterior; vós por: ?vos? do texto manuscrito. nun por: ?n'un? do texto manuscrito. nunha por ?n'unha? do texto manuscrito. mesmo cun por: ?mismo q'un? do texto manuscrito. Corrección posterior a lapis, dando lugar á forma editada. vós: por ?vos?. No orixinal autógrafo ?do mirar?, logo tachado e substituído por dun ollar. centella vai acompañada da anotación marxinal ?centelga? no texto manuscrito. inmovel por ?inmovel?. Estes dous últimos versos van precedidos de borranchos que fan ilexible o texto que esconden; voltaras por ?volveras? do texto manuscrito, con corrección no espazo interliñal superior coa forma editada voltaras; de herba por: ?dherba? do texto manuscrito. aguiares. por: ?aguiares:? do texto manuscrito. Si te romperas, penedo,/ e deras a luz que sabes. por: ?nevaran na primaveira./copos de neve segreda.? do texto manuscrito. ren, por: ?rem? do texto manuscrito. ialma por: ?i alma? do texto manuscrito. cun por: ?qun do texto manuscrito. fala a choiva é corrección dun texto anterior ilexible por haber sobre el un borrancho. tí por: ?ti? do texto manuscrito. de tí por: ?ti? do texto manuscrito. No texto manuscrito o título aparece escrito en anotación marxinal esquerda e con tinta diferente á dos versos. Nesta primeira versión, o título iníciase con artigo determinado. de estrelas por: ?destrelas? do texto manuscrito. e o por: ?i o? do texto manuscrito. pola por: ?pola?.
16 17
18 19 20 21 22 23 24
11 12 13
25 26 27
15
Nº 362
28