Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
e despois vos marchades sin levarme?5 ¿Onde me agarderedes, compañeiros? ¡Xa veu o tempo de que as froles falen, xa veu o tempo de que os peixes digan! III Dourados peixes, froles amarelas, cando soño con vós nácenme verdes,6 azules carballeiras que me arrolan nun outo estrelecer sobor da noite,7 nunha neve romeira tras a vida.8 E vou, lonxe de vós, inda máis lonxe, pra vos lembrar millor, mais docemente, o mesmo cun pandeiro que caíra,9 baixara dando tumbos dende o berce do monte alboreado ao cadaleito, xa sin fin, da mar: lonxe de vós, inda mais lonxe. Lonxe. Lonxe.11
DOLMEN
Camiño do tempo vello, camiño do tempo novo: pedra dos tempos sin tempo, pedra dun ollar sin ollos.12 Semente do azar primeiro, centella inmóvel da terra:13 si latexara o teu peito, ou si te voltaras de herba.15 Si voaras, si tiveras estrelados aguiares.16 Si te romperas, penedo, e deras a luz que sabes.17 Feixe de raios ou dolmen, lume gardado no ren,18 tes xeito ialma de home19 cun día quixo nascer.20 E sagrado o teu silenzo: Ao pé de tí fala a choiva,21 sobor de ti canta o vento22 e dentro de tí, tí escoitas.23 Camiño do tempo vello, camiño do tempo novo: pedra dos tempos sin tempo pedra dun ollar sin ollos.
27
Nº 366