BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
3
4
Resol, Buenos Aires. Estivo composta esta edición de 85 exemplares. Os poemas serviron tempo despois para inspirar o músico madrileño, igualmente exiliado en Buenos Aires, Julián Bautista. As partituras, xunto cos poemas (tamén con versión inglesa de Willian Shand) e as xilografías, aparecerían publicados, en 1951, na Editorial Argentina de Música, baixo o título conxunto de Catro poemas galegos/Four Galician Poems. Desta fermosísima publicación existe edición facsimilar de Ediciós do Castro, Sada, 2004, con prólogo de X. L. Axeitos. Esta carta, no entanto, permaneceu inédita ata que, en 1994, o profesor Xesús Alonso Montero a publicou no seu libro As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane, Xerais, Vigo, 1994, pp. 24345. Carta inédita. A copia que posúo débolla á xenerosidade do profesor Xesús Alonso Montero, quen me informou que o orixinal se atopa no
5
6
arquivo da Fundación Francisco Fernández del Riego. Refírome aos poemas titulados ?O limão de Guimarey? e ?O limão?, e ao que, sen titular, comeza co verso ?Debaixo do limoeiro?, recollidos en X. L. Axeitos (ed.), Lorenzo Varela. Obra Completa, Ediciós do Castro, Biblioteca del Exilio, Sada, 2000, pp. 316322. Nesas datas, visitei, regularmente, durante varios días, a dona Maruxa no seu apartamento da Coruña co obxecto de recadar datos para un traballo de investigación relacionado con Lorenzo Varela que estaba eu a realizar. O último día, mentres conversabamos sobre algo sen importancia, comuniqueille que, posiblemente, daría por rematadas as miñas esculcas esa mesma mañá. Arredor de dúas horas despois, cando xa nos despediamos na porta, entregoume un sobre. Recordo que me dixo: ?Creo que lle fará ilusión telos vostede?. Dentro estaban os tres poemas do puño e letra de Lorenzo Varela.
APÉNDICE I Neste apartado transcríbense fielmente os poemas ?Lonxe?, ?Dolmen? e ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?, tal e como foron editados por Botella al Mar de Buenos Aires en 1954. Inclúe esta transcrición notas a rodapé, que remiten aos textos autógrafos que se reproducen facsimilarmente no Apéndice II. LONXE
I Dourados peixes, froles amarelas, coronarias do monte, tremoeiras da mar: ¿ónde veréi a lúa das airas que gardades, ou serea das ondas, ou fada das namelas? ¿Onde meus carros, miñas dornas, ónde ouviréi no meu peito enguedellado a cantiga do merlo nos outeiros, na baixamar o tremecer da iauga?1 ¿Onde teréi na mau, a mau fidalga dela2 debaixo dun castiro de ponlas enxoiadas?3 I este meu corazón, ¿o meu corazón ónde4 acougará sin vos, levándovos adentro? ¿Onde, meus peixes, miñas froles, ónde? II Dourados peixes, froles amarelas: lonxe de vós, ¿ónde deixar os osos, ónde deixar a morte que vos debo? ¿Qué queredes de mín, que me chamades
Nº 366 26