Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
sobrevive á derrota lonxe, lembrando, evocando, soñando, laiándose e facéndose preguntas sobre a propia existencia. A segunda cuestión á que cómpre dar resposta é a que se refire ao papel xogado por Luís Seoane en Lonxe. É sabido que el foi o editor, director gráfico e ilustrador do libro, participación á que se debe a fermosísima factura deste. Certamente, Lonxe, como dez anos antes María Pita e tres retratos medioevais, viña a certificar a continuidade dunha simbiose creativa entre dous amigos que tivera o seu punto de inicio no momento en que, fuxindo ambos do terror fascista, coinciden en Buenos Aires en 1942. Agora ben, ¿foi Luís Seoane quen incitou a Lorenzo Varela a escribir os poemas de Lonxe? É seguro que si, aínda que os autógrafos nada novo revelen neste sentido, a non ser o feito de que se atopaban no seu arquivo persoal ata que, no inverno de 1992, dona María E. Fernández López, a xa daquela viúva do artista, mos doou6. O que si parece descartado é que Luís Seoane tivese moita participación no apartado lingüístico, confirmándose, así pois, grazas a estes mesmos manuscritos, que Lorenzo Varela era un poeta instalado plenamente na lingua galega e, ademais, preocupado en labrala. Sirva de coda a todo o dito anteriormente este fragmento do prólogo que o profesor Xesús Alonso Montero escribiu para a edición facsimilar de Lonxe:
[...] Non é difícil imaxinar as conversas literarias entre os dous grandes amigos na década que vai de 1944 a 1954, conversas nas que Seoane lle irá ?arrincando?, moi pouco a pouco, ese decálogo poético que el está disposto a ilustrar, como así foi. Incluso un home como Lorenzo non pode substraerse ás demandas insistentes do amigo, do patriota, do camarada... O certo é que neses dez anos foron abrollando do corazón do escritor os poemas de Lonxe (¿a un por ano?), que o autor, respectuoso co amigo, non destina, como en tantas ocasións, ó lume destructor. (Alonso, 1995: IX)
BIBLIOGRAFÍA
ALONSO MONTERO, XESÚS (2005): ?Lonxe, de Lorenzo Varela (1954): do autor e da obra (Limiar para unha edición facsimilar)?, in Lorenzo Varela, Lonxe, edición facsimilar, Ediciós do Castro, Sada. BERNÁRDEZ, CARLOS L. (2005): Lorenzo Varela: Vida e obra, Xerais, Letras Galegas, Vigo. CALLÓN TORRES, CARLOS MANUEL (2005): Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela, Edicións A Nosa Terra, Nós os Galegos, Vigo. FERREIRO FENTE, XOSÉ GREGORIO (ed.) (2003): Homenaxe. Sesenta escritores falan de Lorenzo Varela (florilexio de textos sobre a vida, a obra e o home), Ediciós do Castro, Sada. FERREIRO FENTE, X. GREGORIO (2005): ?Dicionario? Lorenzo Varela, tresCtres Editores, Santa Comba. SALGADO, FERNANDO (2005): Lorenzo Varela: A voz desterrada, Ediciós do Castro, Ensaio, Sada.
NOTAS
1 Editado por Botella al Mar fóra de colección. Leva dedicatoria (?A Maruxa e Luís Seoane, fiestras: si se olla pra fora, o mundo, si pra dentro Galiza?), limiar de Arturo Cuadrado e deseño de cuberta e ilustracións (dez gravados en madeira) de Luís Seoane. A edición foi de 400 exemplares. Desde maio de 2005 existe edición facsimilar, debida a Ediciós do Castro, que inclúe estudo introdutorio do profesor Xesús Alonso Montero. ?Catro poemas pra catro grabados?, en Luís Seoane, María Pita e tres retratos medioevales,
2
25
Nº 366