Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
preparación? (Ferreiro, 2003: 2002). Malia os desvelos de Luís Seoane, desgraciadamente, non serían, os citados, os únicos casos de adiamento, abandono ou destrución dun libro, senón que circunstancias parecidas xa se deberan dar outras veces, segundo se deduce dos tres poemas pertencentes a unha mesma serie temática exhumados, recentemente, por Xosé Luís Axeitos e que este mesmo investigador datou arredor do ano 1953, isto é, un ano antes da aparición de Lonxe5. SOBRE A ESTRUTURA INTERNA DE LONXE Compoñen Lonxe dez poemas, nos que os estudosos da obra adoitan observar, segundo de quen se tratar, dous ou tres núcleos temáticos, que non acertan a designar de forma coincidente. Fernando Salgado fala de ?versos xusticeiros?, ?versos ?saloucos? do emigrante? e ?versos da reconquista da patria? (Salgado, 2005: 279285). Carlos M. Callón Torres prefire falar de ?liñas temáticas?, achando, no libro, tres ?claramente interconectadas: a resistencia contra o fascismo, a emigración (tamén vinculábel ao exilio) e a saudade da patria (a través de imaxes da Galiza máis tradicional)? (Callón, 2005: 91). Para Carlos L. Bernárdez, pola contra, o que parece pertinente é realizar unha clasificación entre poemas que versan sobre a Guerra Civil e os que expresan ?a ausencia da Terra, o exilio, que suxire o título do libro? e ?a diáspora por causas económicas? (Bernárdez, 2005: 6061). Eu mesmo tamén acheguei a miña particular proposta. Nela falaba de dúas categorías temáticas, a heroicoexhortativa e a saudosista, na que:
[...] o poeta deixa de exhortar e mitificar para mostrar as súas saudades por unha Galicia da que se encontra fisicamente afastado e que só parece ser capaz de recuperar momentaneamente a través das palabras que a evocan: romaría, bois, dolmen... (Ferreiro, 2005: 110)
Tal disparidade de lecturas sobre unha obra de unicamente dez poemas está a expresar, dun xeito ou doutro, a falta dunha certa ?estrutura interna?, que si existía nas empresas poéticas anteriores de Lorenzo Varela, incluída a de Torres de Amor (1942), a súa obra máis ambiciosa. Máis doada de lograr por unha sinxela razón de número, dita estrutura tamén se atopa nos Catro poemas, por máis que, segundo transcorre o tempo, sobre eles se descubran e apunten novas e suxestivas lecturas, como adoita ocorrer con toda obra literaria verdadeira. A esta característica observable en Lonxe non se lle atopa explicación senón nas razóns de índole íntima relacionadas coas circunstancias persoais do poeta, mencionadas por Luís Seoane na carta citada, e máis concretamente no modo en como tivo lugar o proceso de escritura dos diferentes poemas que compoñen o libro. SOBRE OS TRES AUTÓGRAFOS DE LONXE Os tres textos autógrafos que se reproducen corresponden aos poemas titulados ?Lonxe?, ?Dolmen? e ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?, situados en pri23 Nº 366