BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
entre os poetas novos máis importantes e influentes da España republicana, tanto que non resultará infrecuente atopar o seu nome, durante aqueles tráxicos anos, acompañando os de figuras xa daquela consagradas, como Antonio Machado, Rafael Alberti ou León Felipe, en publicacións periódicas e en libros colectivos. E por enriba de todo, velaí estaban os testemuños incontestables de libros como Torres de Amor (en castelán) ou o propio Lonxe, que amosaban talento e madureza poética. A resposta ao enigma, sospeitada por algúns e sabida só polos amigos máis íntimos, coñecémola hoxe grazas a unha carta que Luís Seoane lle escribiu a Isaac Díaz Pardo o 14 de decembro de 1978, poucas semanas despois, polo tanto, da morte de Lorenzo Varela.3 Nesta excepcional peza epistolar, Luís Seoane referíase a el, o incondicional amigo, con estas palabras:
En los últimos años de Buenos Aires había renunciado [Lorenzo Varela] a bastantes ideas sostenidas casi desde su adolescencia y a proyectos [...] Fuimos como hermanos. Él conocía muy bien mi carácter y yo el suyo y emprendimos muchas obras juntos. Lo que publicó de poesía aquí [Buenos Aires] fue debido sobre todo a instancias mías, como lo saben quienes trabajaron con él y conmigo: Girri, Larralde, Cuadrado... Luego se negó rotundamente a publicar nada que no fuese al servicio de un amigo, un prólogo o un poema que lo sustituía. [...] Fue uno de los mejores poetas de Galicia y de España y pudo ser uno de los grandes políticos y fue renunciando a todo ello y, no por falta de capacidad de trabajo, como creyeron algunos imbéciles que necesitan resultados visibles o hechos que pasmen, sino porque hacía y deshacía en lucha consigo mismo, con las ideas, las propias y las de otros. En sus mismos silencios escondía su trabajo. Recuerdo la lectura del original de un gran libro, ?Sonetos del ruiseñor? que, luego de escrito destruyó. (Ferreiro, 2003: 195)
Neste texto, cómpre reparar, cando menos, na liña que di: ?Lo que publicó de poesía aquí fue debido sobre todo a instancias mías, como lo saben quienes trabajaron con él y conmigo [...]?. Certamente, Luís Seoane non mentía cando se expresaba neses termos, pois, de feito, desde practicamente o momento en que Lorenzo Varela chegara, como exiliado, a Buenos Aires, en 1942, ata o mesmo día da súa morte, en 1978, case toda a súa produción poética debérase ás ?instancias? do xenial artista, quen, en todos eses anos, nunca desistiría no seu propósito de gañalo para a causa da literatura galega e de provocar nel, unha e outra vez, o parto poético. Son testemuños fidelísimos da perseveranza de Luís Seoane as cartas que el lle enviou ao poeta ao longo dos anos, nas que, en incontables ocasións, se fan alusións á actividade poética do destinatario, ben fosen na forma de pedimento, ben na de gabanza ou de recordatorio dun compromiso adquirido. É de sospeitar, pois, que foi grazas a esta tenacidade que xurdiron diversos proxectos poéticos, logo frustrados ou destruídos, coma o citado de Sonetos del ruiseñor, ou coma os dos dous libros de poemas titulados Torres de homenaje e In memoriam (dedicado este a Aquilino Iglesia Alvariño), dos que Luís Seoane dá noticia nunha carta datada o 22 de abril de 1968, dirixida a X. L. Méndez Ferrín4, pero dos que, catro anos despois, en 1972, Lorenzo Varela aínda diría, nunha breve nota autobiográfica, que se atopaban ?en
Nº 366 22