Medalla de Ouro de Galicia
que a favor da Real Academia fai a Lei de Normalización Lingüística (1983) nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, foi un limitado pero importante recoñecemento á nosa historia. A Real Academia Galega é moi consciente de que Galicia ten e necesita un universo simbólico, porque como dixo o poeta, o pobo que non teña lendas é un pobo enfermo, pero un pobo que non ten mitos é un pobo morto. Non se cultivan os símbolos e os mitos por delectatio morosa senón para que iluminen o camiño que temos que andar e proxecten a súa exemplaridade no presente e no porvir. Por iso estamos a percorrer as cidades e as vilas, rememorando acontecementos transcendentes para a nosa historia cultural. Por iso estivemos en Carral ao pé das tumbas dos mártires da liberdade, estivemos en Tui para escoitar, unha vez máis, o eco dos discursos de Murguía, Brañas e Lago González, discursos que falaban da redención de Galicia. Estaremos en Betanzos par escoitar a voz de Lugrís Freire, que pronunciou o primeiro mitin en galego aos labregos das Mariñas pedíndolles solidariedade e galeguidade. Estaremos en Ferrol para agradecerlle a esta cidade que nela nacera X. Fontenla e estaremos na casa de Curros en Celanova para que o seu espírito xigante, tan galego como internacional, nos arrebate coma un vento de fronde e nos leve a metas máis afastadas. E todo iso facémolo para pagar a débeda que Galicia ten contraída con estes homes e con estas vilas. E facémolo humildemente evitando toda tentación de xactancia ou vangloria corporativa. Loitaremos, como o fixeron os que nos precederon, por unha Galicia libre, democrática, laica e radicalmente galega, unha Galicia que ben sabe, porque o vén practicando dende hai miles de anos, que debe cumprir as esixencias de solidariedade universal. E para concluír, permitídeme que neste acto tan solemne invoquemos unha vez máis os nosos compromisos: Defendermos a identidade cultural de Galicia, porque
Nº 368
238