Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A obra apareceu no ano 1980, aos cinco anos da morte do ditador, e podería argumentarse que non había razóns obxectivas para exercer esta autocensura. Quen así o pense demostra non coñecer a realidade dunha transición que se inicia nestes anos pero que foi lenta e contraditoria. O lector debe ter en conta que a morte de Franco nin desactivou aos poderes fácticos nin converteu maxicamente os franquistas en demócratas. E a Caixa de Aforros Municipal de Vigo, que subvencionou esta obra, era un destes poderes e se estaba disposta a subvencionar unha obra desta categoría non admitía, en troques, que o seu contido molestase a un elevado número dos seus clientes principais. Por iso se tomou a resolución drástica de deixar fóra todo o século XX. Engádase a todo isto que a transición non significou un repentino cambio das leis máis sensibles, como a lei de imprenta. A censura previa fora eliminada por Fraga no ano 1962, pero no seu lugar dispúxose unha batería de decretos e limitacións que permitían en calquera momento paralizar unha obra ou abrir aos autores ou editores un expediente. Finalmente, os gobernadores foron investidos de poderes especiais para facilitar unha transición pacífica, poderes que eles interpretaron cada un á súa maneira e que, por iso, foron unha sombra constante para os que decididamente apostaran pola democracia e a liberdade. Se a todo iso unimos o medo, un medo ás veces paralizante, obsesivo, que especialmente sentían aqueles que foron perseguidos, podemos completar o cadro explicativo da ausencia de todo o século XX nesta grande obra42.
NOTAS
1 Caramés Martínez, Xesús (1993): A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá. Vigo: Galaxia. Molina, Bartolomé Sagrario de (1550): Descripción del Reyno de Galicia por el Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina. Mondoñedo, fol. XXV. A Historia de Galicia, dos irmáns Fernández Boán (Pedro e Xoán), permanece inédita. Temos un exemplar desta obra, en texto copiado probablemente no século XIX, e descoñecemos se queda algún outro exemplar. As razóns desta ausencia poden ser as seguintes: escasa poboación da vila de Vigo a consecuencia das invasións dos normandos, piratas etc.; a ausencia dun poder eclesiástico e nobiliario que constituía o eixo destas historias apoloxéticas; e a fixación que daquela tiñan os autores con Baiona á que consideraban a fortaleza do sur de Galicia. Álvarez Blázquez, X. M.ª (1977): ?Prólogo? á ed. facsimilar Descripción topográficohistórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores / por Nicolás Taboada y Leal. Vigo: Concello de Vigo, p. VII. Álvarez Blázquez, X. M.ª (1986): ?El ímpetu creador?, en La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Vigo: Concello de Vigo, 2ª ed., p. IX. González Muñoz, M.ª del Carmen (1980): ?Vigo y su comarca en los siglos XVI y XVII? en Álvaro Cunqueiro e Xosé M.ª Álvarez Blázquez (coords.): Vigo en su Historia. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo, pp. 153276.
2
5
3
6
4
7
75
Nº 369