Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
30
31
32 33 34
35
36
37 38 39
40
41 42 43
Joseba Aguirreazkuenaga (coord.): Perspectivas de Historia Local: Galicia y Portugal. Bilbao: Universidad del País Vasco, pp. 5176. Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1998): Martín Codax, cantor do mar de Vigo. Edición, notas e fixación de textos de Xosé R. Pena. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Unha edición moi fermosa. A obra fora publicada en 1962 por Álvarez Blázquez, Martín Codax: cantor del Mar de Vigo. Vigo: Tip. Regional. Así titula a introdución á obra La ciudad y los días. Citamos pola edición: Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1986): La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Vigo: Concello de Vigo. Ibidem, p. IX. Ibidem, p. X. Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1960): La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Vigo: Ed. Monterrey. No ano 2008 e con motivo de dedicarlle a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas a Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Edicións Xerais de Galicia publicou a tradución ao galego desta obra: Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (2008): A cidade e os días: calendario histórico de Vigo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Tradución de Manuel Bragado e Xosé Pablo Sánchez Mato. (11 de maio de 1928) para dar conta da chegada Vigo de Marconi e da súa dona. Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1986): p. 193. (18 de xullo de 1934). Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1986): p. 298. A data máis antiga que aparece no libro é a de 60 a. C. cando describe, tomado de José de Santiago y Gómez, unha suposta presenza de Julio César na ría. Ibidem, p. 549. Faro de Vigo, do 22 de maio de 1962 ao 18 de xullo de 1962. Álvarez Blázquez, Xosé M.ª: cfr. nota 29. E tamén (1975): Escolma de poesía medieval. Vigo: Ed. Castrelos. Cunqueiro, Álvaro e Xosé M.ª Álvarez Blázquez (coords.) (1980):Vigo en su historia. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo, pp. 366457. Ibidem, pp. 493562. Ibidem, pp. 637652. Permítame o lector comparar estas afirmacións co que a min me sucedeu naqueles anos e que por unha especie de pudor (que neste intre entendo que carece de sentido) ocultei ata hoxe. No ano 1979 a A.N.P.G. publicou unha Historia de Galicia, na que colaborei. Nada máis aparecer o libro púxose en funcionamento o sistema represivo: o P. Francisco Carballo foi expedientado polo seu texto, descoñezo se foi
procesado, e prohibiuse a distribución do libro. O Presidente da Caixa de Aforros de Santiago, o catedrático D. Manuel Lucas Álvarez, preparou de inmediato outra Historia de Galicia que publicou unha editorial andaluza, integramente subvencionada pola Caixa de Santiago e que tiña a pretensión de ser unha antítese da anterior Historia da A.N.P.G. A súa distribución aproveitou a demanda que non podía cubrirse pola prohibición da primeira historia aparecida. Estou seguro de que algúns dos cooperadores desta historia da Ed. Alhambra descoñecían o que había detrás. Outros si que o sabían. No ano 1980 a editorial catalá Nauta preparou a obra Galicia Eterna e encargoume a min a redacción da historia contemporánea. O que posiblemente se ignore é que D. Manuel Lucas Álvarez, sempre como Presidente de Caixa de Santiago, mercoulle á editorial os dereitos para facer unha reedición da obra e na que, sen permiso dos autores, se introduciron correccións, se puíron expresións criticas e, no meu caso, o atrevemento chegou a poñer como da miña autoría dous folios nos que cantaba as loas dun futuro goberno de Fraga en Galicia. Cando souben desta violación, acudín á editorial Nauta que foi quen me explicou que a reedición fora realizada pola Caixa de Aforros. Aconselloume a propia editorial que, xa que tiñan pensado sacar outra edición, aparecida en 1988, podía denunciar o sucedido. E así o fixen nunha nota na que dicía que na segunda edición ?manos extrañas, y sin la suficiente sensibilidad intelectual introdujeron párrafos, bajo mi firma, que ni me pertenecen ni puedo asumir en cuanto significaban valoraciones políticas en favor de determinados líderes que no corresponden ni a mi compromiso político ni al buen gusto que debe presidir una obra intelectual?. Finalmente e como síntoma da presión que nesa época exercían os gobernadores, narro o sucedido co de Ourense, que penso que se chamaba Cordero ou algo así. Estaba celebrando en Trasalba a festa de D. Ramón cando se me acercou Carlos Casares dicíndome que o gobernador de Ourense, amigo seu, quería coñecerme. Por delicadeza fun eu a saudalo, sen agardar a que viñese el e, nada máis sentarme, espetoume que estaba lendo unha das miñas obras e que dubidaba se denunciarme ante os tribunais. A tan cordial recibimento só contestei que me explicara as causas. E díxome: vostede di que moitos dos afiliados da UCD foron pistoleiros falanxistas no 36. Iso en primeiro lugar, e en segundo: vostede dálle á súa obra un ton sepa
77
Nº 369