BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
Durante o ano 2001, a familia Dónega doou parte da biblioteca de D. Marino Dónega Rozas, membro destacado da Real Academia Galega. O 27 de outubro de 2001, Dª. Mª. Pilar Veiga González, neta de D. Pascual Veiga, en representación dos seus irmáns e dela mesma, fixo doazón do arquivo musical do seu avó, no que se inclúe a partitura orixinal do Himno Galego. ADQU ISICIÓNS A entidade financeira Caixanova subvencionou a adquisición do arquivo e fondos documentais do que foi segundo presidente da Real Academia Galega, D. Andrés Martínez Salazar, mediante un convenio de colaboración asinado polos representantes de ámbalas dúas corporacións, o director xeral de Caixanova, D. Julio Fernández Gayoso, e o Presidente da RAG, D. Francisco Fernández del Riego. A adquisición, ademais do fondo documental Andrés Martínez Salazar, contén documentos e correspondencia do seu neto Andrés MartínezMorás y Soria, propietario da totalidade do fondo. CONTRIBUCIÓNS ECONÓMICAS Durante o ano 2001, ademais dos convenios asinados con institucións, tanto públicas como privadas, a RAG recibiu axudas de tipo económico para contribuír ó desenvolvemento da súa actividade diaria. ? Excma. Deputación Provincial de Lugo. ? Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. ? Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. PUBLICACIÓNS ? BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón: Parlamentarios de Galicia. Biografías de Deputados e Senadores (18102001). Parlamento de Galicia e Real Academia Galega, Santiago de Compostela, 2001. ? Boletín da Real Academia Galega. Hércules de Ediciones S. A., Fundación Rodríguez Iglesias, Real Academia Galega, A Coruña, Nº 363, ano 2001. ? Cadernos de Lingua, Real Academia Galega, Santiago de Compostela, nº 23, ano 2001. ? TORRES FERNÁNDEZ, Xohana. Eu tamén navegar. Discurso lido o día 27 de outubro de 2001, no acto da súa recepción, e resposta de don Salvador GarcíaBodaño, Real Academia Galega, A Coruña, 2001. ? NEIRA VILAS, Xosé: A cultura galega en Buenos Aires: 19501960. Discurso lido o día 17 de novembro de 2001, no acto da súa recepción, e resposta de don Xesús Alonso Montero, Real Academia Galega, A Coruña, 2001.
1 Dáse conta desta doazón no presente número da revista e non no anterior, como correspondía, xa que se fixo efectiva nunha data posterior á publicación do último número do Boletín da Real Academia Galega.
Nº 363
366