Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUCIÓNS COLABORADORAS ? Instituto da Lingua Galega (ILG). ? Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ? Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. ? Fundación Rodríguez Iglesias. ? Hércules de Ediciones, S. A. ? Universidade da Coruña. ? Universidade de Santiago de Compostela. ? Consello da Cultura Galega ? Concello da Coruña. ? Museo de Pontevedra. ? Arquivo do Reino de Galicia. ? Fundación Caixa Galicia. ? Fundación Luís Seoane. DOAZÓNS O 12 de xullo de 20001, D. Xosé Neira Vilas e a súa dona, Dª. Anisia Miranda, doaron unha serie de documentos. ? 30 Cartas asinadas por Murguía e Uxío Carré (en castelán). ? 21 Cartas asinadas por Murguía só (en castelán). ? 13 Cartas asinadas por Murguía e Uxío Carré (en galego). ? 71 Cartas asinadas por diversas persoas, emitidas en Galicia e en Cuba, das que 16 están escritas en lingua galega. Ademais de Murguía e Carré nalgúns casos, os nomes máis coñecidos, entre asinantes ou destinatarios son: Curros Enríquez, Fontenla Leal, Álvarez Insua, Vaamonde Lores, Antón Villar Ponte, Xosé Pérez Ballesteros, Salvador Golpe, Chané, Fernández Latorre, Rodríguez López, Guillermo Tomás, Amor Meilán? A sinatura de Manuel Murguía aparece 66 veces. As datas destas cartas van dende 1890 a 1951 e achégannos ó devir da Real Academia Galega e da Asociación Iniciadora sobre todo no período de 1910 a 1918. Estas cartas e outros documentos que forman parte desta doazón son de gran interese para a historia da Real Academia Galega. O 17 de marzo de 2001, Dª. Adela Vila, viúva de D. Xosé Luís Bugallal Marchesi, en representación da familia Bugallal, entregou á RAG en concepto de doazón, correspondencia que a escritora Sofía Casanova e a súa filla, Bela Lutoslavsqui, mantiveron con Dª. Pilar Marchesi e co que foi membro numerario desta institución, D. José Luís Bugallal Marchesi, así como datos e fotos de Alfonso Cela, ?Celita?. O 15 de maio de 2001, D. Antón Vilar Casal e Dª. Isabel Vilar Casal por mediación de Dª. Esperanza Casal Rodríguez, viúva de D. Antón Vilar Chao, fixeron doazón dunha colección de libros que pertenceron a D. Antón Vilar Ponte, membro numerario da Real Academia Galega, libros dedicados, na súa maioría, polos propios autores. Trátase dun moi importante elenco bibliográfico.
365 Nº 363