BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
CONVENIOS Durante o ano 2001 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades, co fin de desenvolver proxectos concretos. ? Convenio de colaboración entre Caixanova e a Real Academia Galega polo que a entidade financeira subvenciona a adquisición do arquivo e fondos documentais de D. Andrés Martínez Salazar. ? Ampliación do convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Real Academia Galega para a continuación da obra Parlamentarios de Galicia. Biografías de Deputados e Senadores (18102001). ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega para continuar coa nova edición do Diccionario da Real Academia Galega e elaborar unha Gramática Galega. ? Convenio plurianual de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega para darlle continuidade ó equipo de traballo da sección de sociolingüística. ? Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e a Real Academia Galega para financialos gastos de funcionamento da mesma. ? Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e a Real Academia Galega para o financiamento de actividades culturais. ? Convenio de colaboración entre a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega, para a realización dun proxecto de investigación sobre a edición e o libro en Galicia, hábitos de lectura e formas de acceso ó coñecemento na sociedade do século XXI. ? Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega 2001, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones, S.A. ? Convenio plurianual de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega para o mantemento do Servicio de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega. ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega para a organización de decimocuarta edición dos cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. ? Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a informatización da biblioteca e o arquivo. INSTITUCIÓNS CON REPRESENTACIÓN DA RAG ? Consello da Cultura Galega. ? Padroado da Biblioteca Nacional. ? Padroado da Fundación Rosalía de Castro. ? Padroado da Fundación Luís Seoane. ? Padroado da Biblioteca do Real Consulado. ? Padroado do Museo do Pobo Galego. ? Padroado da Fundación Castelao. ? Padroado da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. ? Padroado da Fundación Caixa Galicia.
Nº 363 364