Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
?
Sección de Historia, creada en 1998. Director: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Asinouse un convenio de colaboración co Parlamento de Galicia para a edición da obra de investigación Parlamentarios de Galicia. Biografías de Deputados e Senadores (18102001). Comprende a representación parlamentaria galega desde as primeiras Cortes ata a actualidade. Nestes momentos, prepárase unha segunda edición, para incluír novas biografías e actualizalas xa existentes. A Fundación Pedro Barrié de la Maza financia a edición da obra Epistolario de Murguía. Esta publicación poñerá a disposición dos investigadores, a través dos catro volumes proxectados, unha correspondencia clave para entendela cultura galega.
? Sección de Literatura, creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Está en preparación a edición do Epistolario de Curros Enríquez que financia o Concello da Coruña. ? Sección de Gramática, creada no ano 2000. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Estase a traballar no proxecto titulado Gramática xeral descritiva da lingua galega. ? Sección de Onomástica, creada no ano 2001. Director: D. Xesús Ferro Ruibal. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos: ?Informes de onomástica a pedimento de diferentes xulgados de España. ?Organización do I Congreso Internacional de Onomástica Galega Fr. Martín Sarmiento. ?Borrador de acordo sobre exonimia coa Real Academia Vasca e o Institut d'Estudis Cataláns. As sucesivas versións deste borrador foron examinadas polo Plenario desta Academia. ? Biblioteca e hemeroteca. Director: D. Antonio Gil Merino Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os seus fondos proceden maioritariamente de doazóns e de intercambio de publicacións con diversos organismos e institucións. Tamén se leva a cabo unha política de compra de libros, revistas e xornais, sobre todo de fondo antigo e galego, acorde coas características desta biblioteca e hemeroteca. ? Arquivo Director: D. Antonio Gil Merino. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Rematouse a catalogación dos pergamiños e documentos históricos e continúase coa dos arquivos persoais.
363 Nº 363