BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2001 O 17 de maio de 2001 dedicouse ó insigne lexicógrafo, poeta e xornalista D. Eladio Rodríguez González que foi académico numerario desta Institución desde os seus inicios no 1906 e, con posterioridade, secretario e presidente. A sesión académica extraordinaria e pública celebrouse no Mosteiro de San Clodio, en Leiro coas intervencións dos seguintes académicos: ? D. Antón Santamarina Fernández. ? D. Xesús Alonso Montero. ? D. Salvador GarcíaBodaño Zunzunegui. PREMIO P. SARMIENTO DE INVESTIGACIÓN EN MICROTOPONIMIA O 17 de marzo de 2001 entregáronselles a Susana López Fernández, polo seu traballo Microtoponimia de Vilamartín de Valdeorras, e a Xurxo Pereira Morata e Isabel Pereira Morata, polo seu traballo Microtoponimia do concello de Marín, cadanseu accésit. O xurado estivo formado polos académicos numerarios D. Manuel González González, D. Xesús Ferro Ruibal, D. Antón Santamarina Fernández, D. Ramón Lorenzo Vázquez e D. Francisco Fernández Rei. SECCIÓNS ? Sección de Lexicografía creada en 1986. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Traballos: ? Nova edición do Diccionario da Real Academia Galega. ? Diccionario castelángalego. ? Revisión do Diccionario galego de termos médicos. ? Coorganización da XIV edición dos Cursos de Lingua e Cultura galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura galegas para españois de fóra de Galicia. ? Sección de Sociolingüística creada en 1990. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Continuación dos traballos do proxecto ?Deseño de medidas para a mellora de actitudes de cara ó incremento do uso do galego?. ? Servicio de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Traballos: ? Vocabulario galego de acuicultura. ? Vocabulario galego das artes gráficas. ? Diversos vocabularios sobre linguas de especialidade. ? Resolución de consultas de terminoloxía puntual.
Nº 363
362