Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
26
27
28 29 30
31
32
33
34
35
mos, porque Arcade leva nela un artigo do que carece o topónimo pontevedrés. ?Dase o nome de 'Santo' a unha pequena capela que se atopa en moitos lugares de esta comarca e ainda do resto da Galiza. Anque intervido polas autoridás ecresiásticas, o 'Santo' adoita ser propiedade dos veciños, que teñen a encomenda dos seus arrenxos e conservación. Por atopárense polo xeral no meio do pobo, dividen a iste en dous barrios: Riba do Santo e Baixo do Santo? (CPLB 213,136). ?É onde se fan as feiras do gado e de ehí o seu nome. Esta mesma desiñación de 'Toural' atópase noutros lugares e ten o mesmo senso que o castelán 'cuadropea' ou 'cuatropea', anque en Castela teña esimesmo o siñificado de un imposto sobor do gado ? (LOREN2295, s.v. 'toural'). Erroneamente cítaa como 294. Áquile é grafía persoal de X. Lorenzo para reproducila contracción fonética de A aquile. Lobeira é case sempre positivo (As mociñas de Lubeira, / esas sí que baillan ben; / danlle xeito ao pasodoble / e mais ao tango tamén. / / Ás mociñas de Lubeira / ninguién lles ten que decer; / poñen o pé na auga crara / que hastra o rei llo pode ver. / / As mociñas de Facós / postas nas súas ventanas / parecen cadeas de ouro: relumbran por toda España. / / As mociñas de Corbelle / son pequenas e redondas; que vivan as de Facós / que son gordiñas e longas). Así, o lugar de Fradalvite, en Santa Comba, leva este dicterio pola súa pobreza, que resulta visible na falta de gado para xunguir ó carro, como di a c. 1495 (No lugar de Fradalvite / non entra carro ferrado / se nono trai Elisiña / co burriño polo rabo) (CPLB 247, 489). Esta cantiga, en calquera caso, debe de estar mal axeitada dun orixinal, porque literalmente parece expresar un pensamento que hoxe calquera consideraría aberrante. Noutro caso constata o dobre significado que para galegos e portugueses ten unha cantiga. Tal é o caso da c. 1019 (Eu subín ó limoeiro / e dende o medio caín; o limoeiro é a morte / eu para morrer xa nacín) o dobre senso en que O Limoeiro é a vella cadea de Lisboa (CPLB 232, 336). Se as dúas da rima son castelás, considera importada a cantiga: así na 2335 onde riman ardilla con polilla (CPLB 275, 778). Nada di, en cambio, da c. 1074 (Hai unha mociña en Grou / con tanto garbo e *salero / que cando vai paseando / casque parez un *torero). Véxase CPLB 247, 487 ou CPLB 258, 611 da c. 1857 (Para pan trigo, Castilla /para buen vino, el Ribero, / para rapazas bonitas, viva Facós, que es mi pueblo). Parece haber nel un certo parti pris,
36
37
38
39
40 41
42
43
porque na c. 1471 (Niste lugar de Facós / non se crían avelairas / que se crían boas mozas / *morenas pero saladas) comenta que debe ser adaptación (mala) do castelán, porque, contra o que di a c. Lobeira é terra de avelairas (CPLB 246, 479). O mesmo se ve na desculpa da teima litixiosa dos campesiños galegos común aos campesiños de todo o mundo (CPLB 264, 669). Por certo, que comentando a c. 1711 (O meu amor está malo, / se está malo vouno ver; / lévolle unha pita choca / para que acabe de morrer) afirma que A pita choca, por ter febre, fai mal a quena come e moito máis si se trata dun doente (CPLB 253, 562) Os fiadeiros facían daquela o papel que hoxe fan as discotecas: lugar de encontro e namoro da mocidade. Lémbrese aquela cantiga que di Non fun ó fiadeiro /nin alá hei de pór pé, /que me din que teño amores: /maldita mentira é. E nunha nota comenta que a forxa, o forno e o fiadeiro [quédanlle atrás os seraus ?CPLB 270, 737? e mailo muíño] son os lugares en que decote se axuntan os veciños que, coas suas conversas, dan novas de todo o que pasa no lugar e ainda fora de íl (CPLB 265, 680). Tremenda cantiga da violencia de xénero, á que tamén alude a c. 758 De solteiriños os mozos / todos son garatuxeiros / e dende que están casados / fan das mulleres pandeiros. Pero aínda hoxe, que a xente gasta diñeiro en poñerse moreno artificialmente, como signo de ter tempo libre e diñeiro, polo tanto, de benestar económico, se ben se mira, distínguese entre moreno de praia (de dolce far niente, é dicir, de señorito) e moreno de obra /moreno obreiro, moreno de camioneiro (de traballador e, polo tanto, de pobre). Existe, dende logo, a fórmula de crítica Faldras fóra foi á misa, veu o can e roeulle a camisa. El mesmo cita a cantiga Cando chove e vai sol, / van os demos pró Ferrol, / cunha carga de culleres, / azoutando nas mulleres. Esta versión da cantiga, X. Lorenzo atribúea ás terras do Ferrol, erroneamente porque nesa comarca non se adoita poñerlle o artigo ó topónimo Ferrol: coido que Ferrol está aí por rimar con sol, como podían estar Friol, Ourol ou Pol, pero Ferrol é máis coñecido ca estes. E a X. Lorenzo non lle escapa a confusión que o propio cantigueiro ten de Xoán Bautista con Xoán Evanxelista na c. 2111 (San Xoán Evanxelista / fillo de Santa Isabel, / bautizou a Xesucristo, / púxolle o nome Manoel) (CPLB 267, 706). A cuestión cantiga /cántiga é confusa. A palabra é unha innovación da nosa lírica medieval no século XIII (BREA 1999:100,107) xa que outras linguas utilizaban outras palabras sinónimas e a
121
Nº 365