BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
10
11
12 13
14
15
16
Mero (RIVASIGLESIAS 1998), e de Foxo e Rodríguez Cruz (FOXORODRÍGUEZ 2003), entre outros. Visto o valor do recuperado, aproveito esta humilde nota para pedir que ou as Deputacións ou a futura Cidade da Cultura creen o Arquivo Musical de Galicia, que dixitalice e posteriomente informatice o inmenso corpus de partituras de todo tipo que gardan tantos arquivos galegos, maiormente eclesiásticos. No primeiro ano crean un premio de novela longa que gaña Carballo con A xente da Barreira. No segundo ano crean un premio de tradución que gañan Ramón Piñeiro e García de la Vega coa tradución do Cancioneiro da poesía céltiga de Jules Pokorny. No terceiro ano convocan un premio de recollida e ordenación de refráns que ten que ir a segunda convocatoria, ante a imperfección técnica dos presentados, e gáñao finalmente en 1954 o comandante na reserva Vicente Llópiz Méndez, cunha obra de máis de 40.000 refráns ordenados ideoloxicamente e comentados. Así a 1627 (O carballo da Portela / ten a folla revirada, / que lla revirou o vento / nunha mañá de xiada) da que di que é ?cantiga estendidísima por toda Galicia? sen que se poida precisar cál das moitas Portelas galegas é a da cantiga (CPLB 251, 531). Anque queiran ir a Vigo / eso non parece mal, / que o que nunca foi a Vigo / nunca viu 'puerto? de mar. Do poleiro, unha galiña, / do fumeiro, un salchichón; / viño verde, viño verde, / veña acá un trambullón. C. 1114 (Hoxe arriguei o meu liño, / hoxe o dei a fiare, / que pasei onte por il, / non sei se é liño se é erba). Lorenzo cita un paralelo alleo ó seu corpus pero máis perfecto (Maruxa, monda o teu liño, / non te vaias á taberna: / pasei onte por alí / non sei si é liño si é erba) (CPLB 235, 363). Noutros casos lamenta a falta de habilidade (CPLB 275, 776 e 783) ou de inspiración de quen fixo a cantiga: tal é o caso da c.2214 (CPLB 270, 739; 277, 831). Velaí un exemplo de como funciona un patrón: Baixa Canle, baixa Canle, /que Valdemir xa baixóu; /pano fino, pano fino /o que gastan os de Grou. (438) Baixa Canle, baixa Canle, /que Valdemir xa baixóu; /Torneiros pano de seda /do que gastan os de Grou. (439). Esta cantiga xa aparecera íntegra (e só alí) no Cantigueiro de Pérez Ballesteros (PÉREZ 1886:2,101); eses dous primeiros versos non os volvo ver nun ficheiro de 36.000 cantigas: non parece, polo tanto, tratarse dun patrón.
17 Por certo que X. Lorenzo salienta que o disfemismo non o é tanto, porque a metáfora é tapala boca dunha persoa como se tapa a boca do forno, cando se coce o pan. 18 No Índice toponímico falando da Feira da Ponte, que se celebra na Ponte Liñares o 22 de cada mes, engade: ?eiquí remata a Limia Alta e comenza a Baixa. Queda preto de Xinzo de Limia? (CPLB 292). 19 É moi útil este elenco toponímico, porque o lector interesado poderíase perder. Supoñamos que atopa a mención de Calvos nunha cantiga; como sempre se pensa no máis grande, pensará que alude a Calvos de Randín, que é concello pero X. Lorenzo explica que é Calvos de Bande, parroquia do concello de Bande. Quen bate co topónimo Crasto pensará que se refire a un dos numerosos castros que, coma en calquera outra comarca galega, hai na Limia pero X. Lorenzo explica que é o Crasto Leboreiro, na Serra do Leboreiro do lado portugués da raia. 20 V. nota a Pousa. 21 No Nomenclátor actual figura A Ponte Liñares ou A Feira Nova na parroquia de Santiago de Güín (Bande) pero X. Lorenzo (CPLB 289) sitúa este lugar na parroquia de San Fiz de Galez (Entrimo): o que nesa parroquia de Entrimo figura hoxe no Nomenclátor é A Feira Vella. O río da Feira Nova é o río de Pacín (CPLB 256,58), afluente do Limia e á súa vez confluencia dos ríos Illa (que vén da Serra do Quinxo) e o Montaña (que vén da Serra do Leboreiro) (CPLB 292). 22 X. Lorenzo di ?Pode ser un lugar da parroquia de San Xoán de Piñeira, concello de Sandiás, na Limia Alta. Na nosa comarca non hai ningún lugar coise nome? (CPLB 291). No actual Nomenclátor de Galicia (2003) non figura tal lugar nesa parroquia, en cambio, figura un Nogueiras en Santiago de Calvos (Calvos de Randín) e por iso penso que este sexa o da cantiga. 23 Habendo Outeiro e Nogueiras en Calvos de Randín, supoño que este Outeiro é o dese concello. 24 En CPLB 293 di que, en caso de se referiren a Portelas da Limia Baixa, sería a Portela de Pitóns, paso entre a Serra do Xurés e a de Pitóns, ou á Portela do Home, paso na Serra do Xurés ?que enlaza por elí Portugal coa Galiza?. 25 Non lle encaixa a X. Lorenzo a presenza aquí do topónimo Arcade e por iso di que debe ser unha cantiga importada da provincia de Pontevedra (CPLB 293). Pero a lectura desa cantiga (Antre Pousa i o Arcade / hai unha trampa no chau; / o Bernabé caiu nela / i a Calrota deulle a mau) fai máis verosímil que esteamos ante antropóni
Nº 365
120