Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
2
3
4
Esta ordenación alfabética é incompatible cunha ordenación temática pero X. Lorenzo trata de compensalo en numerosas notas orientando o lector para que encontre cantigas para case tódalas situacións. E así cita cantares de xantar de voda (cs. 398, 2001 en 214, 147) ou advirte de que unha cantiga pode ser unha adiviña (CPLB 227, 277), un anaco dun desafío (227, 277; 266, 688; 268, 727; 277, 822; 279, 851), un anaco dun parrafeo (228, 292, 295; 235, 355; 255, 578; 261, 633; 275, 788), dun canto de reises (228, 296; 270, 745), dun trabalinguas (230, 318), remate dun romance (c. 1652; 252, 539; c. 2107; 267, 703), unha cencerrada (216, 174), cantiga de entroido (233, 338), cantigas de disparates (2335, 348) ou cantigas humorísticas (coma as cs. 184, 1597, 1846, 1949, 2532), fragmentos de lerias trabalinguas (CPLB 262, 649); ou procede dun serau (cs. 19656). Outras veces recoñece que Bouza Brey lle comunica que tales versos non son unha cantiga senón unha fala de animais, tal como o da c. 1052 (CPLB 233, 346). Pero, ademais, en moitos casos nas notas relaciona unhas cantigas con outras semellantes, antitéticas (1979 e e 2392: CPLB 275, 792) ou que son contiguas nun formato poético superior á cuarteta. Coma tal (CPLB 210, 109) da c. 283; (CPLB 211, 119) da c. 308; (CPLB 213, 135) da c. 367¸ (CPLB 213, 143) da c. 389; (CPLB 214, 151) da c. 412; (CPLB 215, 163) da c. 163; (CPLB 220, 202) da c. 621; (CPLB 227, 280) da c. 832; (CPLB 232, 333) da c. 333; (CPLB 241, 418) da c. 1292; (CPLB 247, 482) da c. 1478; (CPLB 248, 507) da c.1546; (CPLB 265, 680) da c. 2039; (CPLB 269, 729) das cs. 21934; (CPLB 271, 752) da 2245. E aínda non están nese elenco tódolos autores realmente citados. Así faltan, entre outros, Manuel Rabanal (citado en CPLB 199, 1); o Señor de la Melonniere, W. Dalrymple, J.F. Peyron (XVIII) e Luis Usoz y Rio (CPLB 206, 66); Jose Townsend do XVIII (CPLB 212, 127); Taboada Chivite (CPLB 238, 394); G. Borrow (CPLB 263, 660). E, naturalmente, os literatos coma Arcipreste de Hita, Cervantes, Lope de Vega, Quevedo, Rosalía de Castro? A razón da omisión da cita final destas persoas probablemente estea en que non son citas directas, senón citas recollidas das obras que inclúe na Bibliografía: iso parece deducirse do que el di no prólogo (p.21) aludindo ós paralelos que cita nas notas: ?Pra simprificar a esposicion omitimos as referencias ás fontes, anque todas foron
5
6
7
8
9
tomadas das obras que figuran na Bibliografía, aparte de algunhas ouvidas por nós directamente?. En calquera caso, hai autores coma Manuel Rabanal ou Rosalía de Castro que dificilmente podemos crer que lle chegasen a través de lecturas intermedias e non directamente. É xa un lugar común neste ano en que se lle dedican a Xaquín Lorenzo as Letras Galegas afirmar que Xaquín Lorenzo recolleu ese alalá. A propia Coral de Ruada, no acto institucional da Academia en Ourense o pasado 17 de maio, interpretouno e presentouno como recollido por el. Pero Xaquín Vales engade un matiz cando di que na romaría de Lobeira endexamais se esquecían os ruadistas agasallar ao seu amigo Xocas co Alalá de Lobeira, o antigo canto que el recollera naquela zona co seu irmán Xurxo e que tanto o emocionaba cada vez que llo cantaban (VALES 2000:316). Fariña Busto infórmame de que no caderno de campo de Borneiro, onde X. Lorenzo recolleu tamén cantigas, non hai anotacións musicais. A nai de X. Lorenzo tocaba o piano e o seu irmán Xurxo tamén pero Xaquín, que tamén amaba a música, non tiña a mesma inclinación pola notación musical; e que só albisca a posibilidade de que entre os papeis de Vicente Risco, onde deberían aparecer cousas de Xurxo Lorenzo que el manexou, apareza algunha anotación musical de Xurxo, que tamén estudou Lobeira e morreu despois de que Xaquín pechase o corpus do Cantigueiro. Para os interesados nunha descrición dos primeiros cantigueiros galegos é imprescindible a obra de Domingo Blanco, que, por parte, ofrece o servizo impagable de refundir tódolos cantigueiros anteriores a 1885 en edición crítica e cronolóxica (BLANCO 1992). Lémbrense, entre outras, as recolleitas dos irmáns Rielo (RIELO 1980, 1986), de Fraguas (1985) ou as máis recentes de Xosé Carlos Morgade (MORGADE 1996) ou Quintáns Suárez (QUINTÁNS 2000) entre outros. Lembro que Xaquín Lorenzo me contara unha vez que o seu traballo do carro e o de Fraguas no cantigueiro eran compromisos que os dous decidiran asumir o mesmo día e que el o lembraba con certa emoción. Entre os musicais, debe consultarse o Cancioneiro de Casto Sampedro de 1942, que con detallada bibliografía reeditou Filgueira Valverde en 1982 (SAMPEDRO). Entre os máis recentes e mixtos (letra e música) destaca o de Schubarth e Santamarina (19841995); pero deben lembrarse tamén os de Rico Verea (RICO 1989), de Xosé Paz Fernández (PAZ 1994; 1998), dos Fernández Senra (FERNÁNDEZ 1997), de Mini e
119
Nº 365