Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
auga na porta dunha moza ou pedir lume para o cigarro, serve para iniciar coela a conversa cando un mozo a quer cortexar di X. Lorenzo (CPLB 259, 620) e iso sitúa a cs. 18889 (Pasei pola túa porta, / pedinche auga e non ma deches; / pasaches tú pola miña, / bebiches a que quixeches. // Pasei pola túa porta, /pedinche auga e non ma deches; /válate Diola meniña, que tan mala te figueches). A cantiga 332 xoga co dobre sentido do verbo esfollar (As esfolladas de noite / non dan porveito a ninguén; / mandei a muller a unha / i esfolláronma tamén) e na correspondente nota (CPLB 212, 127) aduce a paralela mariñeira (A espicha do catalán / non dá proveito a ninguén; / mandei a muller á espicha / i espicháronma tamén)46. Sinala outras cantigas eróticas coma a 57 (A folliña da malvela / a carrapata no chau; / faliñas, as que quixeres, / pero non me ha pór a mau) e a 1267 (Metíchesme a mau no seo / polo ollal da camisa: / hola, hola, galanciño, / que eso xa pasa de risa). Estoutra Cun anaco de pitillo, / unha copa de augardente / i o abrazo de unha nena / xa marcha un home contente desata outra nota erudita de interesantes paralelos.
8. REMATE O CPLB é unha mostra de cómo os homes da Xeración Nós sabían facer grandes e europeas as cousas dos galegos da aldea. Nalgún momento Xaquín Lorenzo devece porque alguén desenvolva cantigas que están pedindo a transformación en pastorelas, coma a 1518 (Non me namoran aneles / nin pendentes nas orellas; / namóranme os teus olliños, / pigureira das ovellas) (CPLB 247, 497). Esa é o exemplo e a tarefa que nos deixan. É certo que este Cantigueiro, a diferenza doutros anteriores e posteriores, ten a eiva da ausencia de notación musical. Pero iso son os buratos do queixo.
BIBLIOGRAFÍA
BLANCO, Domingo (1992): A poesía popular en Galicia 17451885. Recopilación, estudio e edición crítica. 2 vols. Xerais, Vigo. BREA, Mercedes (1999): ?Cantar et cantiga idem est? en Homenaxe ó profesor Camilo Flores. Edición coordinada por Mª Teresa GarcíaSabell Tormo e outros. Universidade de Santiago de Compostela; Tomo I, 93108. CABANILLAS, Ramón (1951): Antífona da Cantiga. Comentos filolóxicos de Isidoro Millán GonzálezPardo. Galaxia,Vigo. COTARELO VALLEDOR, Armando (19301931) ?Cancioneiro da agulla? en Nós 82,1930,192199; 83,1930,241247; 85,1931,1218. Reedición Galaxia, Vigo 1984. ESTRALOXOS (2003): Cántigas, ditos, alcumes...da Ribeira Sacra. Asociación Xuvenil ?Os Estraloxos? de Pantón. A Coruña, 2003. FABEIRO GÓMEZ, M. (1958): ?Cancionero de Muros? en Cuadernos de Estudios Gallegos XIII, 39,1958,95131. FERNÁNDEZ SENRA, Mariló e Xulio (1997): Cancioneiro popular da provincia de Ourense t.I.: (Concellos de Avión e Beariz). Deputación Provincial de Ourense. FERRO RUIBAL, Xesús (2004) : ?Implicitación e explicitación fraseolóxica: notas galegas? en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 5780. FOXO, Xosé Lois e RODRÍGUEZ CRUZ, Xosé (2003): Cantares das Terras das Frieiras. A Gudiña. Vol 1. Deputación Provincial de Ourense.
117
Nº 365