BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
tamén os, quen o, quen os e similares; maiormente porque X. Lorenzo non usa os apóstrofos nin sempre fai as contraccións que o ritmo esixe en sintagmas coma de outro / de outra e similares, aínda que usa a contracción áquile(s) por a aquile(s) nas cs. 281191. Fernández del Riego testemuña que el e Aquilino Iglesias Alvariño foron persoas que, co gallo da conservación de variantes dialectais vivas, puxeron algunhas dificultades para aceptaren a ortografía de Galaxia. 7.5 HUMOR E AMOR NAS CANTIGAS O humor da ruptura da esperada rima no último verso. Sinálao na c. 795 (Do outro lado do rio / deume o sol por tras das costas; / heiche de dar de beber / polo rodo das polainas), na c. 1114 (Hoxe arriguei o meu liño, / hoxe o dei a fiare, / que pasei onte por il, / non sei se é liño se é erba), na c. 1524 (Non me tires con pedriñas / que son do mesmo penedo; / se te atopo nun camiño, / son capaz de comer xente), na c. 1868 (Pasei a Ponte de Ourense / queridiña por te ver; o día que te non vexo / non boto fabas ao pote 45), na c. 2512 (Voume por eiquí embaixo, / pillando moscas cun pondón* / e veu meu pai a correr / e deume cun terrón nas costas) e dá paralelos en castelán (CPLB 226, 269). Por veces anota algunha outra cantiga humorística, como dixen na n.1. O tema amoroso aparece, xa na literatura medieval (CPLB 238, 399), velado na expresión lavala roupa que aparece na cantiga 1769 (O río cando vai louro / leva cascas de limón / para lle lavala camisa / ao meu amante Ramón) e na c. 1234 (Maruxiña, Maruxiña, / Maruxiña, non teño outra; / se me morre Maruxiña, / quen me ha de lavala roupa?): esta última na sensibilidade de hoxe estaría nas antípodas, no políticamente incorrecto. X. Lorenzo salienta a intención erótica de certas metáforas (CPLB 200, 16): tal a c. 2148 (Sementei millo miudo / no colo de unha rapaza; / queira Dios de hoxe nun ano / o millo miúdo naza) e maila 31 (Adios, lugar de Facós, / lugar de ventanas altas; / queira Dios de hoxe nun ano / se non descubran as faltas). Contradinse algunhas cantigas falando da fidelidade e sinálao (CPLB 247, 498): a c. 1068 (Hai candiles de dúas luces / i as dúas alumean ben: / que podo querer a Xan / e mais a Manuel tamén) e a c. 1532 (Non quero do teu querer, / que o teu querer repartes: / fas como aquiles faroles / que alumbran por moitas partes). Salienta X. Lorenzo o costume das mozas de se deixar facelo amor (é dicir, cortexar) simultaneamente por varios mozos, presente en cs. coma 70, 233, 265, 1068, 1319, 2283, 2285, 2286? (CPLB 207, 78) e de que, mentres ela está na lareira con un, este deixa a súa vara na porta da casa, de xeito que, o seguinte pretendente ten que agardar a que marche o dono da vara para entrar el (CPLB 214, 151) e así se entende a cantiga Á túa porta, meniña / hai unha vara delgada; / se non foras tan bonita / non eras tan deseada (c. 412). Este estar na porta da moza como forma de rondala dá a c. 2299 (Teño un castiñeiro á porta / que me dá moitas castañas; / heiche de dar un saquete / xa que todas mas apañas) (CPLB 274, 769). Describe como os mozos por veces van xuntos rondalas mozas (ronda do lugar) (CPLB 227, 279). Pedir
* Quizais erro por podón.
Nº 365
116