Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
explicitación (Mokienko 2000).Véxase tamén Ferro (2004). Outro exemplo que podía citar é este: Non hai cantiga no mundo que non teña o seu refrán; nunca ninguén faga contas / senón do que ten na mau (CPLB:110, 1507). 7.4.4 Psicolingüísticas X. Lorenzo fai unha observación psicolingüística que se adoita esquecer no debate sociolingüístico: a utilización do castelán en certas cantigas ten evidente senso irónico ou burlesco. Entre os exemplos que cita está a c. 1970 (Por baixo do lavadoiro / corre a iauga e nace a ierba; / amores que non son firmes / mándanse luego a la mierda (CPLB 263, 652); ou a c. 2366 (Tódolos Pepes son dulces, / máis dulces que un caramelo; / eu, como son tan amarga, / por un *Piepito me muero)44. Dubidosa a c. 94: Ai, que piñeiro tan alto! / no medio ten un letreiro: ?Non me criaron mis padres / para ti, camanduleiro? (CPLB 202, 42). 7.4.5 Notas de estilo Sinala hipérboles na c. 44 e 1157 (Lubeiriña non ten auga, / se noa ten eu lla darei: / coas bágoas de istes meus ollos / todas terras regarei. (CPLB 236, 378). Considera que é o vello leixaprén, o encadeamento de versos entre cantigas, coma o da 995 (Eu non vou, non vou, / eu non vou alá, / á casa do cura, / que me quererá? / Que me quererá? / Que me ha de querer? / Morreulle a criada, / quérema vender); na c. 996 (Eu non vou, non vou, / eu non vou alá, / á casa do cura, / que me quererá? / Que me quererá? / Que me ha de querer? / Morreulle unha vaca, / quérema vender); na c. 1502 (No nabal do meu sogro / acitáronme os cás / e saíu a miña sogra / cunha chanca na mau; / coa chanquiña na mau / i o zapato no pé; / ela a min tenme rabia, / eu ben sei por qué é); na c. 2466 (Ven beillar, Carmiña, / Carmiña, Carmela, / co zapato baixo / i a media de seda; / i a media de seda, / i a media calada, / ven beillar, Carmiña, / miña namorada) e na 2566. Pero tamén o sinala entre cs. alfabeticamente distantes como son a c. 834 (Eiquí tes meu curazón, / podes faguelo pedazos, / pero cunha condición: / que hei de morrer nos teus brazos) e a 1423 (Morrer nos teus brazos, nena, / será morte con regalo, / pois é tanto o que che quero / que hasta á morte me allano). Rima cruzada infrecuente no cancioneiro popular na c. 1566 (Non te rías de quen chora / que é cousa que Dios condena; / pode desandala roda / e collerte a mesma pena) (CPLB 249, 511) ou na c. 1539 (Non quixera, rapaciño, / darche a ti o meu querer; / non me agradas, queridiño, / non teño que lle faguer) (CPLB 248, 503) ou na c. 2457 (Vaite lavar, moreniña / vaite lavar, Conceición, / Vaite lavar, coitadiña, / Vaite lavar, curazón) (CPLB277, 815). 7.4.6 Ortografía Preocupado pola autenticidade do material que recolle, utiliza unha grafía algo persoal e, ben mirado, fora mellor que se deixase guiar pola ortografía que usaba daquela a Editorial Galaxia, así evitaría formas coma tameno, tamenos, queno, quenos por tamén o,
115 Nº 365