26.10.06
día 26 de outubro, xoves, celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o denominado Concerto do Centenario da Real Academia Galega. Quixo con este acto a institución agasallar a cidade que a acolleu xenerosamente durante máis de cen anos. A música galega foi unha disciplina artística de grande importancia na construción do país pola súa capacidade emotiva e divulgativa. Moitos dos textos poéticos fundacionais de Rosalía, Curros e Pondal chegaron a ser populares grazas aos orfeóns e masas corais que solemnizaron festas e celebracións por todo o país. A velada musical do Teatro Rosalía empatou sentimentalmente coas cincocentas voces que celebraron a inauguración do monumento a Curros en 1908, na mesma cidade.
O
271
Nº 368