BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
res individuais en Galicia, catro persoas polo tanto de grande importancia prá nosa historia: Manuel Soto Freire, o primeiro editor propiamente dito, que formou un catálogo pola súa conta e publicou obras tan importantes coma a Historia de Murguía e a Gramática de Saco e Arce; Andrés Martínez Salazar, que a cabalo do 1900 creou coa súa Biblioteca Gallega o primeiro gran canon, recapitulación e base transcendental pró futuro; Ánxel Casal, o editor heroico, que salvou a revista Nós da desaparición e imprimiu case todos os libros fundamentais do Segundo Rexurdimento; e Xosé María Álvarez Blázquez, que nos anos finais da ditadura franquista quitou o libro galego da miseria, multiplicándoo e popularizándoo e facéndoo entrar con vigor inesperado na etapa en que estamos.
NOTAS
1
2
3
Nestas alturas, a situación de Xosé María no Hospital Militar de San Caetano tampouco non debía ser de risco persoal inmediato, entre outras cousas porque o director era o coronel médico Juan Barcia Eleizegui, fillo de Xoán Barcia Caballero, que colaborara con seu pai en dúas novelas en castelán e gañara tamén algúns premios en xogos florais. É moi probable que, malia o seu dereitismo golpista, este señor se sentise inclinado a protexer un intelectual coma Xosé María, que sabía perfectamente quen era Barcia Caballero e ó que talvez incluso lle puidese dar algunha faterna poética. ?Desde este intre, o seu nome pasou a ser familiar nos círculos literarios de Galicia a través dos fíos nerviosos de Galaxia. En Vigo, en Compostela, en Lugo, en Ourense...? Ramón Piñeiro, cartaprólogo a As covas do rei Cintolo, 1956. É case seguro que, de termos ?de teren os nosos devanceiros? máis forza e organización, ese rexurdimento editorial puidese empezar dous ou tres anos antes, coma en Cataluña. As condicións políticas permitíano a partir de 1946,
4
5
pois os Estados Unidos e o Reino Unido, desexosos da permanencia de Franco como aliado anticomunista obxectivo, fixeron que o réxime fascista español, sen deixar de selo, se empezase a maquillar un pouco pra minguar o escándalo perante as súas propias opinións públicas. Cómpre dicir que d'O divino sainete si saíra unha edición en 1969, en Ediciós do Castro, que tivo unha difusión máis ben escasa. Nesa mesma época hai outro gran éxito popular, que constitúe case, ou sen case, un unicum dentro de Ediciós do Castro: Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, publicado en América en 1961, é reeditado no interior en 1968, e reeditado no 69, no 71, no 72, no 76, no 77... En canto a Galaxia, o que mellor vendía era Castelao, nomeadamente Cousas, que editou por primeira vez en 1962 e reeditou en 1967, Os vellos non deben de namorarse, en 1953 e reedición en 1968, e a serie de Cousas da vida. É probable que nalgúns daqueles anos Castelao representase a metade das ventas de libros de Galaxia. O que podería facer con el Xosé María de ter os dereitos non é pra pensalo!
Nº 369
112