Imprimir
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo 6. O grafema forma parte dos dígrafos e (para /?/ e /t?/, respectivamente) e mais aparece en posición inicial de palabra sen valor fónico. Salienta a profusión nas cartas de Beatriz da Serra, en moitos casos sen ningún apoio na tradición: é a única que grafa con inicial algunhas formas do verbo HABER (hay, hey rreseuido, ha de bir, han de ser milloradas, xunto a a, ay, aja); no verbo HONRAR vacila (honrrou e onrrarnos) e nos descendentes de GERMANU oscila entre a grafía á castelá e y (hirmán, hirmás, hirmao / yrmás, yrmaõ, yrmán); o signo parece ter valor diacrítico en verbo fronte a conxunción; tamén se lle podería atribuír un carácter diacrítico en «passou ha Yndea» (lido daquela como 'á India', fronte a prep., art. ou pron.), pero non nos outros testemuños de art. e pron. ; nos máis dos casos ocorre entre vogais, polo que se lle podería atribuír un carácter demarcativo (passou ha Yndea, téndoho, porque ho meresçe ho ser, e ho mereçeu, mercé ho onrrou, así hela, o que hay, dela hey rreseuido, don Antonio ha de bir, de hay bay...); ocorre tamén en posición inicial tras nasal (a quen ho señor goarde, con heste ordinario). Esta hiperabundancia, mesmo en palabras en que non se espera, semella un prurito cultista; a ela aponse a nula presenza nos outros correspondentes, cos únicos testemuños de honrre e hebrero (1604Moscoso), e hirmao (1596Gallo) (cfr. HABER, OGANO, OJE, OLANDÉS, ONRRA, VMOR... no Glosario). 7. A ausencia de sinais diacríticos e a conseguinte homografía provocan problemas interpretativos de difícil solución, que se expoñen nos comentarios particulares, xustificando a nosa lección, polo xeral conservadora. De maneira particular, pode ocultar a presenza da amálgama en , que na nosa edición indicamos con til só naqueles casos en que unha esixencia gramatical nos permite estar seguros, como en «yndo ós coellos ás ynsoas» (1605Achas2). No ronsel deste criterio conservador, perante un sintagma como «teño a nosa tía en miña pousa» (1596Gallo), analizamos como preposición e non como artigo nin amálgama (cf. glosario), tendo en conta a ausencia maioritaria de artigo ante posesivo nestes textos, se ben temos constancia de que calquera das tres opcións sería posible nesta altura e neste estilo. O til de nasalidade apenas é usado nesta época e a súa presenza é nos máis dos casos redundante. Na nosa edición mantémolo por considerarmos que ten algún interese, sexa para a historia morfofonolóxica sexa para a historia gráfica; facémolo incluso en (1603Serra1), onde se podería interpretar como un trazo ornamental en final de liña. Son tamén escasos os signos de puntuación, de modo que en liñas xerais os que figuran na edición son da nosa responsabilidade. En distintos correspondentes o <.> ocupa o lugar branco da separación de palabras, e nese caso non foi recollido na nosa edición; por esta razón, non sempre resulta fácil saber se un punto gráfico ten esta función ou a de auténtico signo de puntuación no sentido moderno (por ex., en «veixo as mans, e meu secretayro», Obeso). Na carta de Gallo os signos limítanse ao punto de remate do Nº 366 232