Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
go fonema xordo, pero tamén cossa, Ambrossio (ant. ) e, a cambio, noso, esa, pasar (ant. ). O escribán de Beatriz da Serra opta pola antiga grafía no v. PASSAR e no dem. ISSO, vacila en cousa ~ coussa, casa ~ cassa, favorescese vs rrogasse, e esténdea a presso (e a outras representacións, vid. infra); doutra banda, simplifica en noso, bosa, asi, pesoas e ne(ce)sario. Rodrigo de Moscoso grafa assi, consonte a tradición. As grafías da unidade xorda procedente dos antigos fonemas /s/ e /z/ (< /ts/ : /dz/), que convencionalmente describiremos como fricativa predorsoalveolar xorda /s/ (antecedente de /?/ no galego non seseante) é moito máis vacilante. O grafema está condicionado pola presenza de , en posición inicial ou interior (certo, merce, prencipalmente), aga rarísimas excepcións ante outras vogais, que semellan lapsus ( en 1603Serra1, en 1604Moscoso, editados como esperança, mereça); hai casos en que é grafía moderna no canto do antigo , que representaba o fonema sonoro nos mesmos termos (beces e dicen, 1604Moscoso). Emprégase ante calquera vogal, se ben ante continúa nos máis dos casos a representación do ant. /z/: frei Lope emprégao en fazia e fizo, mais tamén en collazo, danzas e invenzones; Serra grafa uezes, dezeren e senRezon, e tamén faza, fazan; Amorín semella respectar a tradición (bezes, fazer), pero esténdeo ao top. Zamora, ant. Çamora; e o señor das Achas úsao en dezer, fazer, fezeron~fizeron, fazenda, mais tamén en agradezido, Costanza, justiza, mereza, mereze e panziño 'painciño'. O máis abundante é <ç>, que algúns correspondentes usan de afeito e só frei Lope parece abandonar: o licenciado Obeso e don Juan de Lanzós emprégano tanto para os descendentes de /z/ (façen, algaçil; certeça, nobreça, ueçes) coma para os de /s/, coa excepción de (1596Obeso), certeça e conciança (1598Lanzós), e sen que obste a posición inicial en Çamora; en dona María de Moscoso alterna unicamente con , incluso no canto da antiga sonora (façelo, diçen ~ dicen, beces); don Diego Sarmiento emprégao sobre todo na grafía da antiga xorda (en concorrencia con ) e só nunha ocasión no canto dunha antiga sonora (Raçaom). É minoritaria a opción , por tradición gráfica dun grupo antigo (merescia [1596Gallo], favorescese e ofresce [1603Serra]), coa variante en 1603Serra ante calquera vogal (meresçe e conesçan). Consideramos que a grafía do diminutivo de palabras rematadas en nasal é continuadora da consoante xorda maioritaria na lingua medieval e non se inscribe na tradición do do portugués ou dos falares miñotos4: graonçiño (605Achas1), panciño (1619Moscoso). Como se pode apreciar no cadro adxunto, o/a escribente de dona Beatriz da Serra é quen mostra maior disparidade gráfica, que inclúe solucións non tradicionais e non explotadas por ningún outro correspondente fóra da representación da apical, estendendo e aos descendentes de /s/ (RESEBER, cresida, mereseu; aparessa, engrandessa, pesso, serbisso, fassa) e de /z/ (pases, nobressa) (para as implicacións diacrónicas e diatópicas, § 6,2); é tamén a única que emprega tras consoante (costanssa). A unidade palatal /?/ admite tres representacións posibles, inicialmente con base etimolóxica (duxeran / janeyro / geada, Lope), que en xeral non se mantén; con todo, a
229 Nº 366