Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
En posición posnuclear o grafema normal é , aínda que coa concorrencia de , que nalgunhas formas semella ser representación única: o pron. máis, as conx. (e) mais e pois, o adv. despois, os plurais en is... A maior parte dos correspondentes só deixa de usar en casos coma os citados ou de forma moi testemuñal (Gallo, Obeso, Lanzós, Serra, Moscoso); por contra, é minoritaria nas cartas do señor das Achas, que incorpora tamén a grafía nos ditongos que marcan a variedade lingüística empregada (queim, vein, tein, veinjan...) e noutros contextos (desfeito, sei, farei), en concorrencia co seu característico (Figuejredo, ficarej, mujto...), e sobre todo na de María de Moscoso (ynbiei, sei, probeito, terei, beijar, queira, enteiro..., fronte a só muy, muytas e ey). En posición intervocálica tamén é normal (Bayona ~ Vayona, mayo, Oya, Layosa2), coa salvidade de (Achas). 2. É constante o uso de en grupo tautosilábico (brauas, libro, nobressa, Briatís...) e o de nas abreviaturas vs, vm, vmd, o que non obsta para que na escrita desenvolta se produza (Obeso, Achas2), (Serra1). Tendo en conta o criterio etimolóxico, que guía a escrita medieval e determina a norma gráfica do galego moderno (así como a distinción fónica portuguesa entre /v/ e /b/)3, advírtense esvaramentos en ambos os sentidos, mais salienta unha predominancia de sobre e sobre a minoritaria , que se pode pór en relación co presumible maior hábito de lectura e escritura duns correspondentes respecto doutros. Así, Amorín e dona María de Moscoso só empregan na abreviatura , que é constante en todos os textos, e a persoa que escribe ao ditado de Beatriz da Serra usa moi minoritariamente , tanto nos contextos dun esperable (22 , 8 e 2 ) coma nos de (32 , 12 e 5 , exceptuadas as ocorrencias de ); nun chanzo intermedio, o licenciado Obeso (e mais o seu secretario), don Juan de Lanzós e o señor das Achas presentan un número similar de casos de no canto de e de no canto de ; non ocorre o mesmo con frei Lope Gallo, que só usa por en contextos de certa tradición na escrita castelá, nin co deán compostelán don Rodrigo de Moscoso, que no seu curto texto segue un criterio estritamente etimolóxico. A práctica deses segmentos intermedios da pirámide social suxire que o uso do se asocia cunha certa distinción cultural. A maior parte das formas con inscríbense nunha tradición gráfica á que poden acceder tanto por herdo do galego e portugués coma polo coñecemento e práctica do castelán, que coinciden no uso deste grafema para o son procedente de B latino: é constante no MMT do copretérito da CI (faltaua e andaua, Gallo; sinificaua, Serra; estava e perdoava, Achas; fronte a iba, Gallo); en formas dos verbos HABER (auido, Gallo) e DEBER (deuo, Serra; deve, Achas); no subst. gouernador (Serra), consonte a práctica normal nos séculos precedentes, e na variante liverdade (Achas), cunha grafía inusual. Na mesma liña explícase a variación gráfica do verbo ESCRIBIR ~ ESCREVER e a súa familia, entre o antigos e a xeneralización progresiva de (vid. glosario). Rompen coa
227 Nº 366