BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
tra, tal un templo e unha experiencia mística: ?Como otras muchas noches,/ voy a pasarme esta/ en el presbiterio de mi ventana? (Mariño 2007: 79). Na total soidade que propicia a cómplice escuridade da noite, chega a hora da escrita para a poeta, tal unha ?cita? co segredo, co prohibido, que excita os sentidos e a intelixencia fulgurante: ?Sí, insisto, en este momento/ mi pulso excitado por la hora citada,/ ajusta el bolígrafo.? (Mariño 2007: 79). Para Mariño, o mundo da noite é un mundo protector, que vela...
El mundo de la noche vela el diálogo de mi sentimiento. El mundo de la noche vela, la equivocación... la justicia... (Mariño 2007: 79)
Na noite, a terra desprega sensualmente o seu aroma baixo a chuvia, a noite entronizada na súa paz esencial é testemuño da escrita, tal unha amiga que mira e protexe: ?Observa la noche en su paz/ esta descripción mía?. Tempo propiciatorio para a comprensión última do Todo, no que a propia poeta se dilúe e funde ata atopar o seu verdadeiro senso no seo da Creación, da creación:
¡Oh, Todo!, Tú que sabes lo que eres, y quién eres, Tú que ves de mí el dolor, Tú que ves de mí la fuerza... ¡Tú que ves de mí...! En Ti la aurora enciende su vela. En Ti el alba yergue mi espíritu. En Ti canta el nido la esperanza, el órgano de la mañana gira a su alrededor. En Ti velan las aves; De Ti lucha el poder, de Ti lucha... (Mariño 2007: 80)
Cos primeiros raios de sol, a poeta contempla o novo día ?en ola de esperanza?, e con el, a imaxe das humildes casas populares do corazón da montaña luguesa. A ollada da poeta detense no mundo solemne da paz e do traballo, na sinxela elegancia dos pobres. As criaturas medran nos niños, e mentres medra o Sol, a mañá introduce a paz nas plantas e a contemplación do poder da sombra fai enmudecer a poeta no silenzo total do cosmos esperto nunha mañá calquera:
¡PODERÍO se llama la sombra! Mi voz siempre clara hoy se ahoga,
Nº 368
92