BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
Unha vez entrada no atallo a si mesma, María Mariño non deixará de escribir ata o momento da morte en 1967. Ó longo deses vinte anos, verá María clarear os camiños ?entre a huella longa do carro? (Mariño 2006: 73), contemplará e dirá extasiada ante a plenitude da natureza vizosa: ?Cantos camiños fartos!/ Cantas frores recendentes!? (Mariño 2006: 79). Os camiños longos que marchan serra adiante, os camiños que logo se perden, os camiños que van morrer a un leiro, os que rodean ou serpean, son todos camiñoslabirinto da vida e do soño. No Courel, María Mariño descubrirase camiñante da borrasca, camiñante de mares sen ondas, andarega da ?fosa en cume? agora comprendida e amada. Así se nos deixa ver, libre para soñar e para ser, camiñando a existencia, como advirte nun fermosísimo texto en prosa do seu libro Más allá del tiempo:
Oh ?pienso, mi amigo duerme. Dijo que no hablaría de sueños y está soñando. Lo cojo de la mano y los dos nos lanzamos al vacío... Yo me calzo las jaulas de invisible alambre con las que he visto caminar al hombre por el espacio en uno de mis sueños de los mundos de antaño y lo mismo que éstos, camino; camino en nubes de incienso, en fosa de cumbre, entre sombras sin Sol. Camino en mares sin olas, en voces sin eco... camino... camino por la borrasca. (Mariño 2007: 9495)
Poetiza María Mariño o símbolo polisémico do camiño tamén ao fío da tradición literaria, como metáfora da vida e do tempo, nunha poética marcada pola reflexión case obsesiva sobre o discorrer temporal2, o significado do pasado, o continuum existencial e o sentido último da vida. A obra de María Mariño é Luz e Sombra, presente e pasado, felicidade máxima e sufrimento profundo. A clarividencia poética expresaraa a través da imaxe do camiño aberto: ?En abiertos caminos, claros y amplios,/ ayer sombras de sueño/ peregrina hoy mi voz?. Neste senso, María Mariño sabe do tempo como un camiño único onde se resume o sentido da vida:
¡Camino amigo!, en el cual azotará un ritmo: donde cantan las cosas. Mueren las vidas. Nacen las sombras. Y mecen las almas. ¡SOLO UN CAMINO! (Mariño 2007: 76)
A permanente reflexión mariñá sobre a temporalidade atópase a miúdo marcada pola chegada a esa ?segunda existencia? que é a experiencia creadora, de modo que este feito marca unha fractura co pasado. Así se pode ver, por exemplo no poema ?MI AYER?, de Más allá del tiempo. Ese ?¡Camino del pasado/ que en MAÑANA/ ha de volver!? (Mariño 2007: 147148), lévanos á visión da nena María Mariño, costureiriña en Noia, na humilde infancia absorta e traballadora da nena que fía, tece e canta. En ?MI
Nº 368 88