Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de Sol, a lo lejos me miró y al verme con mi alma fría, sacó su manto y me lo dio. (Mariño 2007: 143)
Pois a Montaña entrega a súa luz, a luz entrega a súa Montaña. CAMIÑAR POLA BORRASCA
Hai moitos camiños nas aldeas que vanse ensarillando us nos outros e vanse adeitando ás bocarribeiras e paran nas fontes e senten o que se fala nos pazos e nas soleiras dos bares e chegan ás cidades e se fan rúas e volven novamente a ser camiños. Estes teñen unha chea realidade: son obras tamén da cultura, obras inconscientes da cultura, na cual entra tamén un certo senso da belleza (...), porque parece que ese camiño vai escollendo os lugares, os observatorios máis a propósito pra poder disfroitar das nubes, das bidoeiras, dos outonos, do devalar constante das cousas. Ramón Otero Pedrayo
María Mariño accederá finalmente á poesía da montaña courelá por vieiros ascensionais, tal e como entra no recoñecemento da súa propia voz, intuída e sentida desde a infancia. Mais tanto á serra como á experiencia creadora chégase na ascensión que implica unha profundización abisal. Noutro lugar temos dito que hai poetas que miran ao lonxe e outros que miran ao fondo. María Mariño é destes últimos, por iso ela é quen de ver a esencia, en aparencia contraditoria, do Courel como ?Fosa de altura?. Esta paradoxal verdade viva marcará fortemente a linguaxe de María Mariño, indagadora na pura contradición, dinamiteira da fala que fai ruxir ?a bouza no gado? (Mariño 2006: 73). María Mariño percorre o camiño que vai dela ó Courel, en plena madurez percorre o camiño que vai dela a ela mesma. Desde a nena extasiada na contemplación e na marabilla sensitiva: ?Rodeada dun camiño dinde nena fun medrando./ O meu peito gardador sabe que por il non ando? (Mariño 2006: 128). É a experiencia poética para ela un ?camiño rebuscado?, que presta o don e non entrega totalmente o seu misterio: ?Teño muito que atopei nun camiño rebuscado./ Anque é meu del non son dona. Soio sei que por el falo.? (Mariño 2006: 118). A poeta abéirase ó límite do coñecemento para só vivir coa certeza do canto. Un canto que parece contraerse especialmente no Courel, tensada a expresión á imposibilidade de conter o todo que a Natureza encarna nel. E así, María Mariño contempla, coa ollada interpretativa da filósofa, a mínima expresión do atallo, que conduce de maneira rápida, pero tamén oculta e segura, ó destino desexado: ?Se abrevian en estas montañas los caminos largos e incómodos por sus acertados atajos, al igual que se abrevia la idea en la infinidad de un sentimiento.? (Mariño 2007: 104).
87 Nº 368