BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
A MONTAÑA DE LUZ María Mariño chega ó Courel no outono de 1946 acompañando ó seu home, Roberto Posse Carballido, que é destinado como mestre á escola de Romeor do Courel, e máis tarde á de Parada1. As primeiras impresións que María Mariño recibe do lugar contrastan fortemente no seu espírito coa apertura do infindo horizonte marítimo. O seu novo destino vital condúcea a esta ?fosa de altura? cuxa beleza non se lle evidencia na total rotundidade ata máis tarde. Pois ademais, no Courel María Mariño padecerá a morte da súa nai, feito que lle provocará unha profunda crise nerviosa (Sanjurjo 2006: 8). Ela mesma dará conta desta primeira impresión da grillasa montañosa do interior lugués nunha prosa do libro Más allá del tiempo, recentemente publicado: ?He recibido tan mala impresión de este panorama gris montañés, que en toda la noche no he podido conciliar el sueño? (Mariño 2007:106). Escribe isto desde a memoria e a ollada distanciada polo paso do tempo para engadir, a continuación, a súa unión presente co mesmo espazo: ?y pensar que después de varios años en esta bella comarca ?hoy para mí suntuosa llegué, al fin, a este espléndido hoy, mañana de luz la cual en mí reinará siempre.? (Mariño 2007:106). A luz presente da montaña revelada na súa suntuosidade é unha luz matutina, unha luminosidade prístina que devén signo e destino da poeta. Esa claridade cósmica é tamén unha luminaria espiritual, pois no Courel María Mariño encontrarase a si mesma e asumirá a súa profunda vocación de escritora, o seu fatum poético. No Courel, María Mariño dará comezo e fin á súa obra literaria, alentada pola xenerosa lucidez do outro cantor do Courel, Uxío Novoneyra, que soubo descubrir en María Mariño, a Poeta radical, a voz única que el bautizou como ?dinamiteira da fala?. É pois, a montaña courelá, non soamente paisaxe inspiradora, senón un topos cargado de significados existenciais onde o eu e o nós, o eu e o todo pode devir un, e transmitir o seu escondido senso límite. Pois Uxío Novoneyra viu quen era María Mariño, María Mariño soubo ver que era o Courel. María Mariño manifestará poeticamente este duplo movemento de negror primeirorecollemento na aba do monte, e de esplendor definitivo, nun poema de Más allá del tiempo. Nesta composición exponse nidiamente o paso do recollemento existencial que proporciona a escoita íntima da propia alma espertando ó canto: ?oí hablar a mi alma muda?, á expansiva recepción da iluminación vital. A poeta experimenta no Courel, polo tanto, o paso da mudez ó canto, o paso do tánatos á epifanía solar:
En un rincón de una tarde oscura, cubierta con el manto gris de una montaña, me albergué y oí hablar a mi alma muda. Otra tarde de alegría y esplendor envuelta en claros rayos
Nº 368
86