Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
?tixeiras?, na escaleiriña de pedra, no mapa emocional da poeta ?!Ouh, quen me dera que a miña nai me dera hoxe unha tunda!? As liñas dos poemas marcan tamén con lapis de esbozo e labor os lugares físicos desa outra María Mariño de obradoiro literario (Helena González). NOIA EN DOUS RELATOS E DOUS POEMAS Más Allá del Tiempo, o libro en castelán de María Mariño, é unha sala de costura. Neses lugares onde se xuntaban as mulleres a aprender a coser as teas desenfiadas cubrían o chan, os retallos de cores e texturas diversas colgaban dos brazos e dos colos, os fíos baixaban prendidos das saias, alfinetes e agullas cravaban o peito e o xiz azul marcaba a contorna e deixaba os rastros nas mans. Más Allá del Tiempo é a sala de costura de María Mariño, nel están as teas, as súas pezas, os fíos sen ganduxar, cos que logo creará a escritora unha obra literaria única en galego. A xeito de microcosmos desa costura, ?Noya?, o relato que abre o libro, reúne moitos dos materias cos que vestirá María Mariño a súa obra galega. Neste texto están algúns dos temas, dos motivos e os símbolos que se consolidan logo nas arquitecturas poéticas de Palabra no Tempo e Verba que Comenza, desde a rupturas sintácticas á pobreza, o mar como interrogación, os soños, o desexo da voz, o medo, a natureza, o seu ?ditado?. A Finca do Marqués é o lugar do desexo de ser, espazo real situado no malecón de Noia, que agochaba tralos seus muros de pedra a curiosidade dos nenos e nenas da vila, árbores traídas doutras xeografías, espazo prohibido e inaccesible na imaxinación da infancia, territorio metafórico doutro mundo. Ese é o lugar real no que se adentra María Mariño para recrearse ,?habia abierto por primera vez su libro, grabando en el las primeras letras?. Hai un regreso en Más Allá del Tiempo que ten xeito de mariña e son de badaladas. Tocan tal vez a ánimas. En ?A mi regreso? o lapis do obradoiro literario de María Mariño ensaia a norma, procura o ?escribir como se debe?. Aí a vida detida da vila de Noia, aí a súa intención de escrita, pero a voz xa comeza a chegar outra como un rumor, sen sitio, ?nidos empotrados en el mar?, ?donde sus redes posan a pez?, ?mujeres como puntos suspensivos? ... Á fin deixa a pluma. ¿Que tránsito vai desa imposibilidade de pluma abandonada ao ?!Xa me din en verba aberta !? de Verba que Comenza? Como pontes de pasaxe por riba dos abismos os libros Más Allá del Tiempo e Palabra no Tempo establecen diálogos, liñas de continuidade ou discontinuidade, en todo caso relacións. E NoiaNoya fai arco. As augas dunha e outra onda circulan entre os poemas Noya II de Más Allá del Tiempo e Noia de Palabra no Tempo. Esa homenaxe. A explícita declaración das raíces, iso que anda por dentro do corpo cando o corpo sábese xermolo, nabiña nese son ?haciendo sentir la rosa /ya nacida en poesía?, ?urna de tu eco? ?silencio daquela hora?. Soan as Noias de María Mariño, campás, voces... e iluminan con ?luz de aurora? e ?luz de alma?, Tapal, Sta. María a Nova, a nai, o fogar, o lugar e as tres pontes que comunican as ribeiras da voz poética da escritora tan vibrante e diáfana nas intencións dos dous poemas ?!si yo supiese cantar!? E non bate o mar. Ou si. No cerne do poema bate un mar, o do lugar da voz que a atravesa. Escribiu Antón Avilés de Taramancos:
O bater das ondas aínda abanea o teu berce, María
105
Nº 368