BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
son tal conviven na voz poética de María Mariño, o paradoxo revélase necesario, na tensión da procura o onte é hoxe, o mar é cume e na pobreza da infancia os soños de torres altas son verbaluz. Tal vez hai un eco, percíbese un rumor da conciencia dunha voz usurpada nesta outra que escoitamos. ?Cando a pobreza se funde coa propia existencia crease unha visión da realidade diferente?(Antonio Gamoneda). A pobreza fala desde dentro, non enuncia, non describe, rev(b)ela o lugar sin lugar, é a arte povera da poesía de María Mariño (Carmen Blanco). Ese estado de espera, soño de ser en rebeldía.
Aquello que yo aguardaba, Que no sé lo que era, Solo se que esperaba (MAT) !como rinchan as vigas chamándome pobre! (VqC) E non bate o mar.
O lugar é no poema. E é remo de ?bogar soio?, furna, rede, vela, bou. Está no cerne da escrita e da vida esa vivencia do mar da infancia de Noia, esa permanencia na procura da onda, na súa interrogación constante. E non hai respostas. En María Mariño non hai respostas senón procura. Ese mar é mundo que a constitúe, carne, linguaxe. Hai un mar inmóbil, sen brisa, sen marea, (Noia foi porto de mareas) que cruza toda a obra poética da escritora e se constitúe en universo simbólico mais aló da referencia física á que alude. No proceso de creación e disolución nese magma poético que é a voz da escritora ex()céntrica os lugares impregnan o poema da súa materia. A soidade, o medo, a confusión, o berro vital da palabra última de Verba que Comenza, ese non dicirse e desdicirse sempre cuestionado nunha lingua crebada, son realmente cume e furna, souto e auga que boga soa, redes todas nas que apreixar a disolución do eu, a súa urxencia de saberse.
...Camiñofurna que en praia has de bogara onda que de ti sin remos vai e volve é a lousa que non podo eu pousar
Hai mares. O mar océano dos poemas apocalípticos e abisais de Verba que Comenza, o mar que anaina a canción con proa de barco pesqueiro na Marola e gaivotas, pero o outro, o da marea sen ondas que aboia, non é un mar, é o lugar que fala na voz, non a súa visión.
O pouso sempre quedo, hoxe anda e sin ir vou. O rastro que vai deixando É o mar donde afondan redes todas do meu bou
De querermos cartografías o mapa de María Mariño non só é furna e mar é tamén Tapal. A praza que abriga a igrexa de San Martiño en Noia é territorio que condensa a calor da figura materna, a súa existencia. Tapal, San Martiño, a Pedra Chan, itinerario da procura da calor do lugar: a quenturiña da nai, a figura máis carnal da obra poética de María Mariño, esa soberana do amor que a poeta busca na chambra, na mantilla, nas
Nº 368 104