BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
tituída media hora máis tarde en segunda convocatoria, con tal que os académicos presentes representen un tercio do total. Nese caso, para tomar acordos, cumprirá a coincidencia de dous tercios dos académicos presentes. Se, pasada media hora, seguise sen haber quorum, o presidente deberá facer unha nova convocatoria que terá lugar nun prazo non superior a corenta e oito horas. Artigo 30 En ausencia do presidente, presidirá a sesión o secretario (e a este substituirao o Vicesecretario). O que así empezase a presidir accidentalmente a sesión non cederá o seu posto senón ó presidente efectivo da Academia, se chegar despois de aberta a sesión. Artigo 31 Cando falte a algunha Xunta o secretario ou, consonte o previsto no art. 26f dos Estatutos, asuma as funcións de presidente, substituirao o Vicesecretario e, en ausencia deste, o académico de máis recente nomeamento que asista ó acto. Artigo 32 1. A orde das sesións ordinarias será a seguinte: a) Lectura e aprobación da acta da sesión anterior, que debe chegar ós académicos numerarios conxuntamente coa convocatoria. b) Lectura das comunicacións de que deba darse conta, segundo a orde que sinale o presidente. c) Acordos sobre asuntos de goberno interior da Academia, a xuízo da Presidencia. d) Conta das adquisicións mencionadas no art. 28 d dos Estatutos. e) Conta dos asuntos especiais que se anunciaran na convocatoria. f) Proposicións que os académicos fagan á Corporación, consonte os Estatutos e mailo Regulamento. g) Informes dos traballos das diferentes Seccións e discusión daqueles aspectos que deba dictaminalo Plenario. h) Rogos e Preguntas. 2. Non se poderá deliberar nin tomar acordo ningún verbo do que non estea na orde do día, agás que, estando presentes tódolos membros do Plenario, o voto da maioría absoluta declare de urxencia ese asunto. Artigo 33 O Plenario reunirase unha vez cada dous meses (ou cantas for mester), sendo as súas competencias as seguintes: a) A elección de académicos e de presidente e Comisión Executiva e tamén a súa revocación, se se der o caso. b) A aprobación das liñas xerais de actuación e mailo control da xestión dos membros da Comisión Executiva. c) A análise da marcha dos traballos das diferentes Seccións, Seminarios e Comisións e maila aprobación, se proceder, deses traballos e das propostas a que houber lugar.
Nº 362
352