BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
cargo de Carlos García Martínez, Fernando Acuña Castroviejo e Eduardo Méndez Quintas. Nin sequera as súas afeccións como coleccionista filatélico e numismático se descoidaron nas xornadas do congreso. Nunha mesa coordenada por Méndez Ferrín, interviñeron para subliñar esta faceta menos coñecida de Álvarez Blázquez, Carlos PérezFonterosa, José Manuel González Troncoso e Ernesto Iglesias Almeida. Todas as colaboracións mencionadas figuran, a maneira de actas, nas páxinas do presente volume, que adquire deste xeito o carácter de monográfico dedicado ao autor homenaxeado o Día das Letras Galegas.
DATOS TÉCNICOS CONGRESO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui
TUI, 11, 12, 13 DE DECEMBRO DE 2008 Lugar: Teatro Municipal (edificio Área Panorámica) Sala Félix Rodríguez Rúa Colón, 2 Comité organizador: Xosé L. Méndez Ferrín Darío Xohán Cabana Rafael Sánchez Bargiela X. L. Axeitos
Nº 369
8