BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
base de datos terminolóxica. Esta tarefa consistiu na revisión ortográfica de certo número de vocabularios baleirados. Segunda revisión do Léxico de avaliación de linguas, do proxecto de Avaliación e aprendizaxe de galego do Centro Ramón Piñeiro. Revisión dun Dicionario galego de termos económicos, que consistiu na corrección lexicográfica das definicións introducidas polos especialistas. Revisión lingüística dunha colección de léxicos do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que inclúen: Glosario para negociacións colectivas, Glosario de prevención de riscos laborais, Glosario da construción e Glosario sectorial de pesca. Revisión lingüística e terminolóxica de termos pertencentes ao campo da medicina procedentes do proxecto IANUS. 2. Resolución de consultas lingüísticas Este servizo continuou co ofrecemento de axuda na resolución de consultas terminolóxicas que chegan por vía telefónica, por fax ou por correo electrónico diariamente. O volume de traballo desta sección de terminoloxía puntual continúa crecendo cada ano máis, e durante o 2007 foi a tarefa que esixiu unha maior dedicación de recursos humanos por parte de Termigal. A orixe destas consultas é variada, algo que se xustifica pola condición pública deste servizo. Os principais usuarios do servizo foron, por orde decrecente, diversos organismos dependentes da Xunta de Galicia, tradutores particulares e empresas de tradución, Servizos de Normalización Lingüística, tanto de concellos como de institucións privadas, etc. Os ámbitos científicos que presentaron un maior volume de traballo foron a Botánica e a Zooloxía, as distintas Industrias (madeira, metalurxia, artes gráficas), as Ciencias da Terra e do Medio (Ecoloxía, Medio, etc.), a Alimentación, gastronomía e hostalaría e a Economía e a Empresa. Enviáronse distintos informes sobre a bibliografía existente en determinados campos temáticos, como por exemplo, deportes, mecánica, empresa, alimentación, etc. Continuouse a reorganización da base de consultas coa creación dunha lista definida de categorías gramaticais, corrección de tecnolectos, unificación de versións anteriores da base e recuperación de fichas antigas que non estaban introducidas na base. Tamén se revisaron fichas terminolóxicas antigas co obxectivo de mellorar a súa calidade e adecuación.
Nº 369 280