BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
? Seminario de Gramática, creado no ano 2000. Directora: Dna. Rosario Álvarez Blanco. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Durante o ano 2007 continuaron os traballos de redacción da Gramática Galega, co mesmo equipo e na liña descrita en anteriores informes. Os criterios foron expostos en ?Entre o uso e a norma. O proxecto de Gramática da Real Academia Galega?, en R. Álvarez / H. Monteagudo [2004]: Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o galego. Santiago de Compostela: CCG/ILG. As eloxiosas recensións dese programa anímannos a pensar que esa é a liña correcta (véxase, a modo de exemplo, a recensión de M. A. Pradilla Cardona, Estudis Romànics XXIX, 2007, 303399); por iso, ademais de avanzarmos na redacción das distintas partes, nalgúns casos cumpriu reorientar anteriores redaccións para darlles unha formulación máis descritiva do uso e máis enfocada á resolución de dúbidas respecto da aceptabilidade, adecuación ou corrección. Como se di máis arriba, a Gramática da RAG, descritiva do galego estándar, debe informar asemade sobre a corrección lingüística e orientar o uso oral e escrito do galego máis axeitado a cada situación lingüística. Diríxese a un público amplo con certo nivel cultural, como correspondente aos usuarios de gramáticas en todas as sociedades, ao que debe informar sobre novas formas de expresión e sobre a corrección lingüística, ao tempo que explica como é e como se comporta a lingua. Por iso, cómpre tratar con frecuencia con variantes lingüísticas e non de raro pronunciarse, seleccionando ou acollendo por igual, entre as máis coñecidas. A falta de estudos previos sobre os que basear pronunciamentos delicados fai que os membros do equipo dedicasen unha grande parte do seu tempo á realización de estudos particulares, con córpora de datos reais, do tipo ?distribución e posición no sistema de acó/acá, aló/ala?, ?uso de a no CD en distintos tipo de construcións verbais?, ?morfoloxía dialectal do diminutivo?, ?distribución de con nós e connosco?, ?uso de eu/n in tras entre, na fala e na literatura?, ?cara a arriba ou cara arriba?, ?condicións de uso de grande ante substantivo?, ?estatus de elo?, etc. O equipo participa no desenvolvemento dunha base de datos que contén a descrición semántica e sintáctica dos verbos galegos máis frecuentes, que foi arrequentada en 2007 coa análise do corpus de novos verbos (vid. supra). Con independencia do resultado final e da súa presentación, que serán obxecto dun proxecto específico distinto do actual, esta base de datos proporciona xa aos investigadores unha fonte de información moi valiosa sobre diferentes
Nº 369 282