Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
3. Documentación. Realizouse un inventario exhaustivo do fondo bibliográfico existente na biblioteca de TERMIGAL, que ascende a 2.000 libros, co obxectivo de crear un repertorio informatizado que permitise axilizar tanto a elaboración de informes bibliográficos como a catalogación dos termos da base de datos de consultas. Tamén se actualizou o fondo bibliográfico con novas publicacións terminolóxicas que saíron ao mercado. 4. Elaboración de léxicos específicos. No ano 2007 as bases de datos traballadas como embrión de futuros léxicos e vocabularios bilingües e plurilingües foron as seguintes: Elaboración da parte galega do Vocabulario multilingüe da SIDA, realizado dentro da Rede Realiter, e coordinado por Termcat. Este vocabulario contén 430 termos especializados. Colaboración no proxecto de harmonización de sinais de tráfico europeos realizados no marco do proxecto INSAFETY, coordinado por INFOTERM. Elaborouse a adaptación ao galego das unidades físicas do sistema internacional. Continúa o proceso de elaboración terminolóxica do Léxico da empresa. Realizouse o Vocabulario da restauración, practicamente concluído e pendente de revisión por parte da Comisión de validación. Continúa o proceso de elaboración do Léxico de oficios e profesións, que consta actualmente con 2.800 entradas. Continúan os traballos de elaboración da terminoloxía do automóbil. Continúase traballando na elaboración do vocabulario da música. Continúa o baleirado dunha base de datos de Taxinomía de coníferas, que consta actualmente de 4.300 termos e equivalentes nas principais linguas peninsulares xunto con inglés, francés e alemán. Preparáronse diversos trípticos referidos a áreas temáticas concretas (comidas do mundo, especias e condimentos, utensilios de cociña, froitas exóticas e tropicais) co obxectivo de difundir a terminoloxía específica destes campos. 5. Participación en Congresos Participación de dous bolseiros no congreso: Terminología, Traducción y comunicación especializada. Homenaje a Amelia de Irazazábal en Verona (Italia) os días 11 e 12 de outubro de 2007, no que presentamos a comunicación: ?Colocaciones y diccionarios terminológicos?.
281
Nº 369