ANTONIO MEIJIDE PARDO Xosé Ramón Barreiro Fernández
O académico numerario D. Antonio Meijide Pardo (Barco de Valdeorras, 1917 ? A Coruña, 2004) fóisenos co mesmo silencio no que decidira vivir. Traballou ata poucos días antes da súa morte e sobre a súa mesa quedaron as fichas preparadas para o próximo artigo que xa non puido rematar. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto Eusebio da Guarda (A Coruña) ata a súa xubilación, amosou sempre entusiasmo polo ensino e paixón pola investigación. Iniciouse como xeógrafo con catro libros: sobre a economía da URSS (1952), sobre Brasil como a gran potencia económica do século XXI (1956), a emigración galega intrapeninsular (1960) e o estudo xeoeconómico do complexo industrial da Grela (A Coruña) (1962). Un relatorio sobre a refinería de petróleo da Coruña, que presentou no XX Congreso Internacional de Zaragoza (1964) puxo fin á súa dedicación xeográfica. A partir deste momento toda a súa investigación foi xa histórica. A súa obra investigadora e de divulgación histórica concrétase en vinte libros e cento dez artigos que se poden clasificar nos seguintes apartados: ? A economía galega de transición entre o Antigo Réxime e a modernidade e a protoburguesía galega. Destacamos, entre outros, os seguintes traballos: Correos marítimos entre Falmouth y La Coruña (1996), Economía marítima de la Galicia Cantábrica en el siglo XVIII (1971), Documentos para la historia de las Reales Fábricas de Sargadelos (1979 e 1993), Negociantes catalanes y sus fábricas de salazón en la ría de Arosa (17801830) (1973). ? Estudos sobre a Ilustración Galega (pensamento económico, institucións, protagonistas). Ademais do extraordinario libro Escritores e autores na Galicia da Ilustración (1982) no que recuperou ducias de pensadores ilustrados de Galicia, publicou monografías sobre o ilustrado Jacobo María de Parga y Puga (1992), sobre o Conde de Maceda, D. Juan José Caamaño y Pardo (2001), sobre o periodista Pardo de Andrade etc. ? Historia política con monografías sobre Sinforiano López, pionero del liberalismo (1995), Piñeiro de las Casas, liberal gallego (1975), biografías de Pita de Veiga, Romay etc. E o libro La invasión inglesa de Galicia en 1719 (1970). ? Historia local da cidade da Coruña e de vilas como Pontedeume, Betanzos, Valdeorras etc. Os artigos sobre a historia local da Coruña apareceron recompilados na obra Temas y personajes de la historia coruñesa contemporánea (1997). ? Historia da Medicina. Na revista Medicina Galaica publicou moitos artigos sobre a introdución da vacina contra a varíola, a incidencia do cólera, a hidroloxía médica, o intrusismo médico e outros temas. Son varias as características que definen a historiografía de Meijide Pardo: en primeiro lugar, sempre tivo o empeño de recuperar para a historia personalidades e temas inexplorados. Por iso cada libro e cada artigo de Meijide constitúen novidades. En segundo lugar, a utilización dunha documentación arquivística practicamente exhaustiva. Cada investigación está avalada por un aparato documental, por unha información de primeira man que sustenta cada afirmación. En terceiro lugar, Meijide Pardo refuga de toda polémica, xamais critica un historiador. O feito de silenciar un nome ou de prescindir dunha cita era o único indicio do seu desacordo, pero a crítica non pasaba de aí. En cuarto lugar, e posiblemente por influencias dun neopositivismo utilitario que recomenda prescindir en historia da ideoloxía sustentadora do discurso e chegar alí a onde chega a literalidade do documento, os seus traballos carecen da ancoraxe no tempo histórico no que se produciron pero, en troques, garanten o feito histórico. Por iso cada traballo de Meijide é unha fermosa obra de artesanía onde se perfilan, polo miúdo, todos os trazos do artesán. Meijide foi coñecido e respectado en todos os arquivos de Galicia, nos que pasou a metade da súa vida. A súa dilixencia no manexo dos protocolos notariais, dos procesos xudiciais, das contas e facenda, das matrículas municipais, dos atados aínda non catalogados e que conteñen unha varia miscelánea histórica, e mesmo a fortuna que case sempre acompaña os dilixentes, proporcionáronlle unha información novidosa que utilizou nos seus traballos. Pero Meijide non reduciu as súas pescudas aos arquivos das cidades e vilas galeas. O Arquivo de Simancas era para o noso historiador coma unha segunda casa. O vello catálogo deste arquivo esplén419 Nº 366