BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
Beatriz; viuse obrigado a abandonar Santiago de Compostela a causa dunha pendencia cun soldado e hospédase en Valladolid na casa de Bartolomé de Aguiar, secretario de Guerra. San Juan de Amorín foi máis pródigo ca Beatriz na súa relación epistolar con don Diego, como era obrigado pola súa condición de criado no pazo de Gondomar, baixo as ordes do administrador Gregorio de Castro e Oia. A relación entre ambos nunca debeu de ser amigable, como así o confirman as numerosas queixas de San Juan dispersas ao longo do epistolario, que conclúen en 1612 cun despido. A determinación de Gregorio de Castro, que, nas súas propias palabras, causou ?mucho roydo para tan pequeña monteria? (RB II/2118, doc. 132), non foi ben recibida polo criado, de modo que recorreu a protectores que o favorecesen perante o conde, como se deduce do seguinte fragmento:
Muy grandes concilios me dicen que se an echo sobre el aber yo despedido a San Juan de Amorín, y que a llebado cartas en que le favorecen con V.Sª... (Carta de Gregorio de Castro a Diego Sarmiento de Acuña, Gondomar, 18101612 [RB II/2118, doc. 132]).
Ao grupo dos letrados pertence o licenciado Pedro Obeso de Oriona4, que en 1596, cando escribe a carta que editamos, era correxedor de Baiona. A súa traxectoria define perfectamente as aspiracións e frustracións do seu grupo socioprofesional na España da época. Seleccionamos dous momentos da súa biografía que resumen esa andadura: en 1600 desprázase a Madrid coa pretensión dalgún oficio, sen dúbida co desexo de medrar na súa posición social e económica, pero a sorte foille adversa, coma a tantos outros pretendentes que por eses anos asistían á corte. Dous anos despois, en 1602, está asentado en Arenas, desde onde escribe ao conde Gondomar, que nesas datas está en Valladolid. A súa negativa a ir de novo a pretender á corte, que se mudou a Valladolid, e o comentario que fai da súa estadía en Madrid son explícitos dabondo como reflexo do desencanto deste e de tantos outros letrados guiados por igual ambición5:
no me pareçe açertado asistir en esa corte a gastar lo que después no ganaré, que me costó 1000 ducados estar en Madrid un año, y como se me murió el hombre que me avía de sacar de la piscina no içe nada (RB II/2154, 108).
5. A LINGUA ESCOLLIDA Atopámonos perante un monllo de textos que teñen en común testemuñar o estilo epistolar usado para se dirixir a unha personalidade de alto nivel social e cultural, nun pequeno arco temporal entre finais do século XVI e a segunda década do século XVII. Do resto, os textos son heteroxéneos: non sempre proceden do mesmo estamento social de don Diego Sarmiento de Acuña; os correspondentes non só pertencen a distintos grupos socioculturais, senón tamén a diferentes variedades diatópicas; non todas as cartas son escritas por galegos, cando menos non por galegofalantes espontáneos con plena competencia comunicativa, nin todas saen directamente da pluma dos seus asinantes; por último, os diferentes asuntos que tratan condicionan diversos graos de formalidade nos seus rexistros, e mesmo o cambio de código lingüístico.
Nº 365 258