BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
1605Amorín. Carta de San Juan de Amorín. Gondomar, 6 de febreiro de 1605. RB II/2130, doc. 11 (Cat.Gondomar, I:4859). 1605Achas1. Carta de Diego Sarmiento e Sotomaior. Baiona, 8 de abril de 1605. RB II/2113, doc. 10 (Cat.Gondomar, I:1277). 1605Achas2. Carta de Diego Sarmiento e Sotomaior. Baiona, 20 de setembro de 1605. RB II/2113, doc. 99 (Cat.Gondomar, I:1366). 1619Moscoso. Carta de Rodrigo de Moscoso e Sandoval. Santiago, 19 de outubro de 1619. RB II/2159, doc. 24 (Cat. Gondomar, III:11335).
2. CONSTITUCIÓN E PARADOIRO DA COLECCIÓN EPISTOLAR Todas estas cartas teñen en común o seu destinatario, don Diego Sarmiento de Acuña, señor de Vincios e Gondomar, nomeado I Conde de Gondomar o 12 de xuño de 1617. Nove consérvanse actualmente na Real Biblioteca, e unha, a que asina o licenciado Obeso, na Real Academia de la Historia, mais o primeiro paradoiro foi compartido por todas elas: o pazo vallisoletano do conde de Gondomar, a coñecida popularmente como Casa del Sol de Valladolid2, que en catro das súas estancias albergou unha das máis importantes coleccións librarias da España Moderna. A transformación desas catro salas en ?librería? ou ?aposento de libros? data de fins do século XVI; así, a carta que en marzo de 1599 Gaspar Cardoso envía a don Diego ofrécenos un testemuño dun aspecto central na formación dunha biblioteca nobiliaria, como é o aparato ornamental do seu estudo, ao lle e confirmar a remisión de ?los retratos de plomo (...) y los verdaderos de nro. P San Bere nardo y nro. P St Gregorio que (...) bien podrán estar en el estudio? (RB II/2147, 142). Á disposición física da biblioteca precédelle a paixón coleccionista de don Diego. Gayangos (1869:XIII) comenta unha carta escrita en 1593 por don García, irmán de don Diego e nesa data colexial en Salamanca, que mostra que, con vinteseis anos, o futuro conde puña verdadeiro empeño na adquisición de libros; nela don García, en función de axente librario de don Diego, dálle conta da súa busca de libros pola cidade do Tormes, un tanto infrutuosa ao non atopar ningún que non teña xa o irmán, agás ?un Romancero de romances de Liñán y de otros, que dicen es nuevo?. O resultado desta paixón bibliófila non tardaría en obter público recoñecemento e xa en 1609 un contemporáneo de don Diego, Francisco de Quevedo y Villegas, dedicaba á biblioteca gondomarense a seguinte pasaxe da súa España defendida:
¿En qué materia del mundo no hay en España sola tantos libros como en todas las naciones, en sola su lengua, en la cual están traducidos todos los griegos y hebreos y latinos y franceses y italianos, como es de ver al que ha visto librerías en España, y, entre todas, la del señor don Diego Sarmiento de Acuña, que es toda de libros en la propia lengua, donde están de suerte que apenas los más de ellos se ven mejores en sus originales? (Luis Astrana Marín [ed.] 1932: 295; cit. Michael & Ahijado Martínez 1996: 187188).
E en 1619, o enxeñeiro católico inglés George Gage, hóspede de Lerma en Valladolid ao seu paso por España, mostra a súa admiración pola Casa del Sol e anota, respecto á
Nº 365 254