Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
para tan importante, como necesario, labor. Sen dúbida que, dalgunha maneira, Xosé María Álvarez Blázquez agradecerá semellante teima. En fin; o dito para os tres volumes brevemente comentados tería que prolongarse, desde logo, noutras moitas achegas. Desde elas, Xosé María Álvarez Blázquez deseña a súa imaxe de investigador, pero tamén de canonizador da historia da nosa literatura. Rigor, preocupación por estar sempre ao día, afán intenso por coñecer? pero tamén bo gusto, celme de poeta, amor polo seu, amor a Galiza? tales foron as calidades que o acompañaron. Ben está que hoxe, neste Congreso organizado pola institución da que foi membro, e membro activo, lle ofertemos a X. M.ª Álvarez Blázquez unha máis que merecida homenaxe; unha estima na cal, co seu beneplácito, quixen, da miña parte, achegar tamén as breves palabras que viñen pronunciado e que agora chegan ao seu necesario final. Moitas grazas.
BIBLIOGRAFÍA
Álvarez Blázquez, Xosé María (1959): Escolma de Poesía Galega. Do s. XIV ó s. XIX. Vigo: Galaxia. Álvarez Blázquez, Xosé María (1998): Martín Codax cantor do mar de Vigo. Vigo: Xerais. (Ed. X. R. Pena). Cabana, Darío Xohán (2008): Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra. Vigo: Xerais.
207
Nº 369