BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
que apenas foi impresa. Mais a tal perda compénsase dabondo: é, precisamente, nesta longa xeira de silencio académico cando agroma, frutifica e madurece o pomar deleitoso, longal e fresqueiro, da poesía popular galega. É o tempo dos vellos romances, belidos e saudosos, como un falar de namorada; é o tempo das cantigas, coas súas infindas motivacións e formas, coa súa milagreira sinxeleza; é o tempo dos contos, das adiviñas, dos refráns? (Álvarez Blázquez 1959: 8)
Dixemos antes ?e tamén o subliña Darío Xohán Cabana no seu traballo ao que xa fixemos alusión? que a fórmula ?séculos escuros? non semella cadrar adecuadamente co pensamento de D. Xosé María e, desde logo se volvemos ler o contido de liñas como as anteriores, tal parece que así sexa, admirador como foi Álvarez Blázquez, por riba de todo, do xenio creativo popular ?ou, acaso, digamos nós, popularizante. De todos os xeitos, cando as últimas achegas ao que se viña denominando como ?decadencia?, ?escola galegocastelán?? significan que o final do lirismo trobadoresco non se produciu por ningunha sorte de repentina ruptura, por mor dun único feito de fatais consecuencias? cando observamos tal, temos de retornar ao ?Limiar? deste volume II da Escolma de Poesía Galega e reparar en treitos como:
Mais na arte non é doado, nin quizais sexa lícito, afastar as tempadas unhas das outras, con cortes ou sulcos, cando é ben sabido que as escolas e modas se interfiren mutualmente, polo menos en intres tanxenciais, ao xeito que acontece cos mudamentos progresivos da flora e fauna nunha terra de chan ascendente. (Álvarez Blázquez 1959: 7)
Non obstante, consciente das dificultades, da ausencia de marcas canónicas ou tan sequera de sinais que iluminen o traxecto, Xosé María Álvarez Blázquez particípanos tamén, con humildade que:
Recollendo con teimosa unción cando aínda é posíbel recuperar nas areas do ignorado, desde a lamentosa morte de Macías ao amencer inaugural de Pastor Díaz, enchemos este tomo de poesía galega escrita. Máis que unha escolma, no senso selectivo que unha colleita ricaz imporía, é un corpus poético de varios séculos, sen pretensións exhautivas, pero froito, si, de demoradas esculcas e dedicacións. (Álvarez Blázquez 1959: 8)
Dito ás claras: o produto do traballo do erudito paciente, desde logo; o resultado do esforzo do filólogo ?de filólogo afeccionado, haberá quen retruque: pois que xeito tan profesional de levar a cabo unha afección!, habería que lle responder decontado?, en fin, traballo arreo, arreo traballo. Coido que se queremos efectuar, ou continuar efectuando, unha efectiva homenaxe ao quefacer investigativo de D. Xosé María, é tempo de retomarmos o labor dese tomo II da Escolma de Poesía Galega e, partindo do moito que alí temos, tentar, se tal é posíbel, ir máis adiante aínda. Emprazo ?e emprázome a min mesmo, na medidas das miñas posibilidades? a todos os que si teñen os medios, a vocación, o coñecemento precisos
Nº 369 206