Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nunca máis saín, nin quero saír: ese país chamado lirismo trobadoresco galegoportugués que nunca cansan os ollos de contemplar nin os pés de transitar. De novo, como acontecía con Martín Codax, Cantor do Mar de Vigo, haberá acaso quen sinale que a escolla de textos obedece a criterios controvertíbeis e/ou froito da circunstancia histórica: tal é o caso, por exemplo, desa especial querenza polas cantigas de amigo ?consideradas como representantes xenuínas dunha suposta tradición autóctona fronte a esoutra ?importada? dos cantares de amor, algo discutíbel e discutido coa perspectiva de hoxe? ou tamén da ausencia de determinada tendencias, certas temáticas da cantiga de escarnio e maldicir, en todo caso dificilmente compatíbeis ?para alén do propio xuízo moral de D. Xosé María? cos criterios da censura imperante. Mais aínda así, admitíndomos mesmo tales apreciacións, novamente sorprende, realmente abraia que xa fose en 1952, ou aínda en 1975 ?e convén lembrar sempre as datas da historia, dado que ás veces ben pode semellar que aquilo que apenas vive entre nós desde hai moi pouco tempo sexa considerado como algo que vén de forma gratuíta, que se manifesta perenne?, causa verdadeira admiración que nesa cronoloxía Xosé María Álvarez Blázquez levase adiante, con rigor e con paixón galeguista, un proxecto de tal calidade que, nin por asomo, procedía desoutro lugar onde supostamente debería residir o espírito investigativo e científico: isto é, a universidade. As acertadas Introducións a cada un dos poetas elixidos, a calidade dos textos antologados, o breve ?pero ben organizado? glosario, a información bibliográfica? por dicilo de vez: como foi quen D. Xosé María de nos ofrecer, de nos legar semellante agasallo? De certo que tan só no celme do bo lector, do apreciador certo dos exquisitos praceres da palabra, pero tamén no afán de servizo a un país e mais a unha cultura pode radicar, pode caber un labor de tal signo e entendidade como o que Xosé María Álvarez Blázquez manifesta nas páxinas que estamos agora a analizar. Nin que dicir ten, todo o que vimos de sinalar para a Escolma medieval ten doada aplicación no caso desoutro magnífico esforzo que configura o tomo II da Antoloxía editada por Galaxia e que leva por título A poesía dos séculos XIV a XIX , por máis que sexa habitualmente coñecida como ?A Escolma dos Séculos Escuros?. Trescentas páxinas de versos: velaí o que D. Xosé María viña ofrecer para un tempo no que se consideraba ?e aínda hai quen considere, e de aí o rótulo de ?escuros?: un etiquetado realmente efectivo, se xulgamos polo éxito acadado, pero que acaso non sempre veña ser axustado? que as nosas letras enmudeceran por completo. ?Os derradeiros trobadores?, ?Cantigas paralelísticas e vilancentes anónimos?, ?Os vilancicos de Nadal e Reis?, ?Poesía anónima e de circunstancias?, ?Os poetas académicos?: eis as diferentes epígrafes que compoñen a escolma. Unha Escolma que, digámolo de vez, non foi aínda superada nos nosos días: nin na cantidade nin, evidentemente, na calidade.
O labor dos poetas eruditos galegos, escolares e homes de letras, que escribiron desde pormediado o século XV aos comezos do XIX, teríase perdido na meirande parte por205 Nº 369