BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
ou aínda o artigo de Silvio Pellegrini ?Ancora sul nome di Martin Codax? aparecido nos Studi mediolatini e vulgari, tomo II, 1954. Mostrar tan decidida atención pola obra de Martín Codax, en particular, e pola literatura medieval galega, ?in partibus infidelium? ?e tal era, de veras, o país que habitaba naquela altura cronolóxica?; facelo, ademais, amosando un coñecemento directo e puntual daquilo que a filoloxía moderna estaba a fornecer?, penso que vén constituír de veras toda unha auténtica demostración: desde logo, dos saberes, da erudición de D. Xosé María, pero tamén do seu espírito aberto, da capacidade da ilusión que lle daba alento, das altas miras dun intelectual de ben e, como non, do ánimo patriótico ?familia e patria, aqueles dous amores que xa declarara o patriarca Murguía? que sempre inspirou a Álvarez Blázquez no seu roteiro vital. E talvez é certo que ?verba volent?. Pero non é menos ?por seguirmos o adaxio clásico? que, fronte a iso, ?scripta manent?. Permanecer, si que permanecen as liñas de Martín Codax, Cantor do Mar de Vigo no tempo, redactadas como foron con xusteza e teimoso afecto: tal e como permanecen outras moitas coas que nos agasallou D. Xosé María para exemplo humano, vivencia de galeguismo e memoria fiel do noso pasado.
?No coidado verxel triunfan arreo as plantas ventureiras, que a man do pobo sementou e alí agromaron silandeiramente deica abrochar en acios de farturentos froitos. Non podemos negar que foi nesta seara de florecer popular onde nós quixemos facer o mellor da colleita, pois é cousa sabida que alí están as esencias líricas da terra, cuxa seiva preciosa asómase ao mundo da poesía nos beizos da amiga que canta, tal que se fosen pétalas vermellas da vella roseira tradicional. (Álvarez Blázquez 1959: 7)
Evidentemente, as palabras que vimos de reproducir están tiradas do prólogo da Escolma de poesía galega I. Escola medieval galegoportuguesa, publicada pola Editorial Galaxia en 1952 e logo revisada e ampliada na Escolma da poesía medieval, da colección ?Pombal?, da editorial Castrelos en 1975. Desde logo, para todos aqueles que nos iniciamos no coñecemento do noso lirismo trobadoresco nos anos 70, a Escolma de D. Xosé María Álvarez Blázquez conforma algo máis que un simple libro, que unha ferramenta de traballo coa que demos os primeiros pasos entre as cobras de Pero da Ponte, Fernando Esquío, Pedro Amigo de Sevilha ou Johán García de Guilhade, xa na aulas universitarias xa aínda nos círculos políticoculturais ou culturaispolíticos, todos aqueles, entón, rapaces e rapazas que nos queriamos comprometer dalgún xeito coa nosa nación. Alguén con moita maior autoridade ca min comentábao nos pasados días nun fermoso e oportuno artigo de xornal. Maior en idade que quen lles fala, X. L. Méndez Ferrín viña sinalar algo que comparte, porén, coa miña xeración: e é que foi, en efecto, por culpa ?por feliz culpa? de Xosé María Álvarez Blázquez ?e, todo cómpre dicilo, de quen nos recomendou a súa obra; no meu caso, os profesores e logo amigos Ricardo Carballo Calero e Xosé Luís Couceiro? ter traspasado as portas dun mundo máxico do que xa
Nº 369 204