Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Mais se tal devén dese xeito, comprobamos aínda que, á canda do historiador, camiña sempre a paixón, a forza imaxinativa do literato:
Martín Codax tería contemplado esta fermosa imaxe ?refírese D. Xosé María a unha talla en mármore de Cristo, gardada no Museo Arqueolóxico Nacional? nos anos da súa infancia e mocidade, e aínda tocado coas súas sensíbeis mans de tanxedor as dobras harmoniosas daqueles roupaxes, como chamas, que parecen elevarse cara ao rostro sereno do Señor. (Álvarez Blázquez 1998: 16)
En fin, de certo, que a erudición e a voz do poeta van da man e de certo que dialogan, en fermosa parola, con esoutros versos xurdidos nas beiras do areal:
Mia irmana fremosa, treides comigo a la igreja de Vigo u é o mar salido. E miraremos las ondas!
Pero se proseguimos na nosa pequena andaina nos vieiros de Martín Codax, Cantor do Mar de Vigo, veremos que o novo capítulo que agora principia titúlase ?O home e o nome?. Nin que dicir ten, tal epígrafe fai relación ao que podemos de veras coñecer ?realmente, aínda hoxe e a pesar de todos os esforzos, non moito? arredor das circunstancias vitais e tamén do apelido ?ou alcume? Códax ou Codax. Alguén observará que, desde esoutros coñecementos actuais arredor non só da lírica codaciana, senón aínda en relación ao conxunto do noso lirismo medieval, é verdade que podemos discrepar aquí e acolá, que podemos anotar isto ou aqueloutro, matizarmos, subliñarmos? determinadas apreciacións de Álvarez Blázquez; e, desde logo, tamén podemos levar adiante unha lectura que parece máis fiábel das cantigas compostas polo xogrartrobador do mar vigués. Porén, o que sorprende, o que abraia de veras, é comprobarmos como por volta de 1962 ?é dicir, cando estamos no medio e medio da inacabábel longa noite de pedra?, nunha cronoloxía na cal non tiña outra opción máis que pandar con todos os atrancos e dificultades, mentres desde as institucións oficiais non se proxectaba moitas ?demasiadas!!? veces outra cousa que non fose a ignorancia, o desprezo e/ou a hostilidade cara á lingua e a cultura galegas? cando tal era o panorama que xurdía arredor, D. Xosé María non deixa de citar en todo momento, non deixa de comentar, de analizar ?e, ademais, amosando acerto no labor? o que naquela xeira conformaba a bibliografía máis avanzada arredor do noso lirismo medieval. E é que acontece que nas liñas da súa obra, Álvarez Blázquez cita desde logo a Armando Cotarelo Valledor e tamén a Dna. Carolina Michaëlis de Vansconcelos ?concretamente o traballo da gran filóloga titulado ?A propósito de Martim Codax e das suas cantigas de amor? publicado na Revista de Filología Española, 11, 1915?; pero é que igualmente fai unha exacta referencia doutros títulos moi próximos no tempo: velaí, xa que logo, o Cancioneiro de Martin Codax, de Celso Ferreira da Cunha, publicado no Río de Xaneiro en 1956
203 Nº 369